+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

TALLER DE ROBÓTICA GRATUÍTO PARA NENOS E MOZOS EN BAIONA


Os nenos e mozos de Baiona terán a oportunidade de desenvolver a súa creatividade e espírito emprendedor este sábado, 6 de outubro, nun taller de tecnoloxía organizado polo operador galego R en colaboración coa Concellería de Mocidade do Concello de Baiona.
A iniciativa ofrecerá tres sesións de robótica, de dúas horas cada unha, dirixidas a distintas idades. O primeiro, de 10.00 a 12.00 horas, para pequenos de entre 7 e 8 anos. A continuación, os nenos de entre 9 e 11 anos serán quen goce desta iniciativa, de 12.00 a 14.00 horas. E pola tarde, de 16.30 a 18.30 horas, os rapaces de entre 12 e 15 anos.
Os participantes crearán un prototipo tecnolóxico utilizando placas e materiais reciclados. Cada taller está limitado a 20 persoas e é gratuíto, polo que é preciso reservar na tenda R Baiona, en cálea Marqués de Quintanar, 27.
Non é un taller exclusivo para clientes de R e é totalmente gratuíto, polo que calquera veciño ou veciña pode solicitar unha entrada.

Deja un comentario