+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTADA DIGNA RIVAS CONFIRMA QUE O GOBERNO PROVINCIAL APROBARÁ O VENRES O FINANCIAMENTO DE NOVAS PAVIMENTACIÓNS EN SOUTOMAIOR


 

A nova achega do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra supera os 100.000 euros e se destinarán a camiños de Arcade

A deputada provincial Digna Rivas informou hoxe que o goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres en Xunta de Goberno o financiamento ao concello de Soutomaior para as obras de pavimentación en camiños de Arcade, concretamente en Arcade de Arriba, Carballal, Devesa, Veigas do Monte e Fonte Xesteira.

As actuacións teñen un importe total de 114.175,82 euros e forman parte dos fondos da Liña 1 de investimentos do Plan Concellos.

Con estas novas achegas da Deputación de Pontevedra, o concello de Soutomaior xa ten aprobados 656.808,49 euros co vixente Plan Concellos, que este ano destina á vila un total de 928.649,09 euros, máis dun 74% máis que no ano anterior.

Deja un comentario