+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O CONCELLO DE NIGRÁN ORGANIZA UN CURSO DE AUTODEFENSA DIRIXIDO A MULLERES


 

Desenvolverase do 22 ao 30 de outubro no Pavillón e o prazo de inscrición arranca o xoves 4 de outubro

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un curso de autodefensa destinado a mulleres. O curso desenvolverase os días 22 e 30 de outubro no Pavillón Municipal de Panxón de 9.30 horas á 13.30 horas. Terán preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Nigrán.

O período de inscrición comeza o día 4 de outubro e remata o día 18. As persoas interesadas deberán inscribirse no Centro de Información ás Mulleres Estrada pola Vía nº65 (antiga estación do tranvía). Tlf: 986 365000. Mail: cim@nigran.org

Deja un comentario