+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

FÁTIMA ABAL ASINA UN ACORDO CO CAL INCREMENTA O PATRIMONIO DE CAMBADOS COA DOAZÓN DE 6 PEZAS PRATEADAS PARA O MUSEO DO VIÑO.


A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal,  asinou hoxe un convenio de doazón de 6 pezas  prateadas do século XIX,XX para o Museo do Viño con Yolanda e o seu esposo Prometeo Madarnas ámbolos dous residentes no Canada (América do Norte)

Yolanda é a última herdeira que tiña na súa propiedade unhas pezas prateadas que teñen debuxados uns motivos asociados a cultura vitivinícola e quería facer unha doazón alí onde foran apreciadas, e por este motivo Yolanda escolleu Galicia porque sabe que nesta comunidade se respecta o pasado e queren contribuír a riqueza cultural, e que todos poidan desfrutar as pezas.

“Loxicamente tiñan que estar en  Cambados” di a alcaldesa Fátima Abal,  capital do viño Albariño. Onde formaran parte do patrimonio dos Cambadeses grazas a doazón desinteresada deste matrimonio con raíces galegas, que todos e todas poderemos desfrutar no museo do viño.

A alcaldesa, Fátima Abal esta moi agradecida pola doazón por pensar que o mellor sitio onde se podía expoñer fora no museo e garante que as pezas serán tratadas co respecto e dedicación que se merecen. Dentro do Museo colocaranse nunha vitrina especial coa humidade determinada para que teñan unha boa conservación.

Estarán expostas ao público para que calquera persoa que queira velas poida achegarse ao Museo do Viño e así poder apreciar a súa beleza, e rematou o acto agradecendo enormemente  esta doazón e entregándolle ao matrimonio a Folla de Parra en prata distinción do Viño Albariño.

Deja un comentario