+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

PRESENTACIÓN DA PÁXINA WEB DO OMIX DE CAMBADOS


  • Un dos puntos importantes foi a instauración da Administración Electrónica e a posta en marcha da páxina web do concello.

Hoxe tivo lugar a presentación da páxina web do OMIX de Cambados no salón de plenos do concello. Na presentación estiveron presentes a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, o concelleiro de xuventude, Miguel Pérez Osorio, un traballador do concello, Manuel Rial Costa e a animadora xuvenil, Cristina Sánchez.

O concelleiro de xuventude e de novas tecnoloxías, Miguel Pérez Osorio que foi un impulsor de todas as actividades que se están facendo no concello de Cambados relacionadas coa xuventude de Cambados ademais de concelleiro de novas tecnoloxías e máximo loitador polo cambio das paxinas web no concello agradeceu conxuntamente coa alcaldesa Fátima Abal a implicación de   Manuel Rial Costa, traballador do concello que desinteresadamente colabora co concello desinteresadamente “sendo unha persoa moi válida para os temas relacionados coas páxinas web” di a alcaldesa.

Cristina Sánchez, animadora xuvenil  vai a ser unha parte moi importante desta páxina, xa que será quen a xestione e suba os contidos debido a que as actividades son desenroladas por ela. E esperase que esta web facilite o seu traballo de información a os e as mozas de Cambados.O concello de Cambados está ampliando e consolidando o espazo web que comezou con páxinas temáticas como foron as de enoturismo, transparencia, viveiro de empresas e asesoramento ao contribuínte. A última das páxinas foi a do viveiro de empresas que se presentou recentemente e que esta xa accesible do público. Con todo isto Cambados pretende estar a vangarda do cambio tecnolóxico.

O concello segue elaborando novas webs coas que se pretende achegar á cidadanía o traballo municipal.

A OMIX e a Casa da Xuventude de Cambados ofrece servizos de formación a través de diversos cursos e información sobre temas de interese para a xuventude,  ata o de agora a OMIX daba información a través do perfil de Facebook  e na sección da web municipal e intentando mellorar este tipo de comunicación crease a nova web da OMIX de Cambados que pretende ser o escaparate para que xuventude coñeza asuntos e servizos importantes para este colectivo. Esta páxina nace con vocación de servicio;  para os mozos e mozas que queiran por en marcha unha idea e teñan o asesoramento necesario; tamén permite confeccionar un currículo en liña;  facilita a solicitude de carné xoven, carné de estúdiante, carné de familia numerosa ; informase dos eventos que se vaian organizando (cursos, talleres formativos…).

A páxina da OMIX é de similar funcionamento e deseño que a páxina da Escola Obradoiro para así facilitar a navegación dos usuarios. Tardouse preto de un ano en confeccionar  en función das necesidades da xuventude , pero haberá aspectos que se melloren e outros manteranse ou mesmo algúns desaparecerán. Pero os cambios sempre serán pensando nas persoas que demandaron este tipo de ferramenta para así poder sacar o maior rendemento posible. Esta previsto nun futuro unha páxina de Medio Ambiente e Medio Rural.

Deja un comentario