+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

BAIONA POÑERÁ EN VALOR EXPERIENCIAS DE TURISMO MARIÑEIRO CO OBXECTIVO DE DAR MAIOR PROTAGONISMO AO MAR


Baiona pon fin á rolda de mesas de traballo á Asociación Vilas Mariñeiras para a creación de experiencias turístico mariñeiras co obxectivo de dar o protagonismo ao mar nesta rede de Vilas que salpican a costa do norte de España.

A mesa de traballo consistiu nunha sesión de dúas horas que se desenvolveu na Capitanía Marítima da localidade coa presenza do Alcalde de Baiona e Presidente da asociación, Ángel Rodal, a Concelleira de Turismo de Baiona, Beatriz González e a Xerencia de Vilas Mariñeiras, Fátima Cachafeiro e Verónica Pichel, e empresarios de varios sectores de actividade: sector turístico, mariñeiro, restauración, aloxamentos, oferta complementaria. Entre os asistentes tamén estaban representantes da Confraría de Pescadores “A Anunciada” de Baiona; representantes do Grupo de Acción Costeria, GAC 7: Ría de Vigo- A Guarda; a Directora da Casa da Navegación de Baiona ou as Técnicas de Turismo do Concello de Baiona, unha ampla representación do sector de actividade, mariñeiro e turístico.

O obxectivo desta mesa é que os empresarios traballen de forma sectorial que achegas, ideas ou servizos poden sumar ao produto turístico mariñeiro, tanto o seu sector como outros cos que poden colaborar neste proxecto. Nas mesas intersectoriales, opinaron sobre os recursos do mar, historias, lendas, cultura mariñeira, oficios, mariñeiros, festividades, que son diferenciadoras e únicas da Real Vila de Baiona.
Na xornada presentouse tamén aos empresarios o Manual de Produto Mariñeiro que contempla para todos os sectores de actividade 3 barreiras de entrada que son: realizar a actividade nun dos municipios de Vilas Mariñeiras, temática mariñeira no caso das experiencias e, no caso dos servizos complementarios (aloxamento, restaurantes, comercios, actividades de turismo activo) que fagan unha chiscadela ao mar incluíndo elementos mariñeiros na súa actividade; e, por último cumprir coa normativa legal establecida para cada sector e estar en disposición dun seguro de responsabilidade civil que poida cubrir calquera eventualidade que poida xurdir nas visitas.
Destacar das xornadas de hoxe a coincidencia das propostas dos representantes dos diferentes sectores e as propostas dos empresarios como:
Visitas á lonxa, paseos en barco, actividades artesanais como as rederas actividade mariñeira vendo como chegan os barcos pesqueiros a porto ou como os preparan antes de saír a faenar, rutas guiadas polo porto pesqueiro, talleres do mar, entre outras, son as actividades- visitas propostas para deseñar cunha consultoría turística profesional a través da Asociación de Vilas Mariñeiras.
De forma simultánea, o sector de turismo activo e actividades náuticas e acuáticas participará de forma activa no proxecto, potenciando o enfoque mariñeiro da propia actividade contando historias e lendas mariñeiras, curiosidades, cultura do mar, artes de pesca, a forma de vida pesqueira e os oficios. Surf, pádel surf, cursos de surf, kaiak de mar, piragüismo, motos de auga, foron as máis destacadas na sesión. Importante destacar tamén a proposta de conexión da lonxa e os restaurantes en Baiona.

“Definiranse así experiencias temáticas que integren a oferta turística e os recursos do produto turístico Vilas Mariñeiras, cun elemento de diferenciación e innovación. Debido a que un dos obxectivos fundamentais do proxecto é a desestacionalización, tentarase con estas experiencias non só atraer a visitantes e turistas en tempada baixa senón incrementar as estancias ao ofertar de forma conxunto un territorio e varias propostas temáticas conectadas entre si. É un primeiro paso cara á especialización do destino”, destacou o Presidente da Asociación Vilas Mariñeiras, Ángel Rodal.
“Seis experiencias mariñeiras por Vila, un total de 36 experiencias nas Vilas Mariñeiras, contarán cun asesoramento externo que consistirá nunha sesión presencial individualizada de consultoría turística para garantir a calidade da visita e a experiencia positiva por parte do turista ou visitante. Con todo, toda empresa que queira adherirse ao proxecto contará coa axuda externalizada en canto ao asesoramento no cumprimento dos parámetros de pertenza e está contemplado un sistema de auditoría interna a modo de autoevaluación que poida realizar o propio empresario”, informou a Concelleira de Turismo, Beatriz González.
Unha vez finalizado o proceso de implantación realizarase unha visita de portas abertas para que o empresariado da zona poida coñecer a actividade e recomendala aos seus clientes.
Esta iniciativa está impulsada pola Asociación de Municipios de Vilas Mariñeiras integrada polos Concellos de Baiona (Galicia); Ribadesella e Llanes (Asturias); San Vicente de la Barquera, Santoña e Laredo (Cantabria), cuxa Presidencia ostenta o Concello de Baiona e a empresa de consultoría Avivae Solucións Estratéxicas S. L. ( AVIVAE) xestiona o Plan Estratéxico e a Xerencia.

Deja un comentario