+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

XXXIX CONCURSO DE PRATOS DE MEXILLÓN


 

Amegrove S. Coop. Galega convoca a participar no XXXIX CONCURSO DE PRATOS DE MEXILLÓN que busca recoñecer a calidade e exquisitez do mexillón galego que terá lugar o 13 de outubro, na carpa institucional da Festa do Marisco a partir das 17:30 h e antes das 18:00 h. A base principal do prato debe ser o mexillón ( Mytilus Galloprovincialis).

As persoas que desexen participar no XXXIX CONCURSO DE PRATOS DE MEXILLÓN, deberán inscribirse cubrindo o impreso que poderán solicitar nas oficinas ou no facebook de Amegrove, e enviándoo ao correo amegrove@amegrove.es.

Os premios para repartir son os seguintes:

Premios aos mellores pratos de mexillón:
1 er Premio: 1300€ + Diploma Acreditativo.
2º Premio: 800€ + Diploma Acreditativo.
3 er Premio 500€ + Diploma Acreditativo.

Teñen ata o venres 12 de outubro ás 12:00 da mañá para realizar a inscrición, de xurdir algún problema coa inscrición pode realizar a súa consulta no teléfono 986 731 050.

O Xurado estará composto por expertos gastronómicos que valorarán sabor, textura, coherencia culinaria, calidade, presentación, creatividade…
A entrega de premios terá lugar o mesmo Sábado 13 de outubro, ás 19:30 horas na Carpa Institucional.

 

Para calquera consulta ou reserva de produto poden chamar ao teléfono 986 731 050 ou enviar un email a amegrove@amegrove.es.

Desde Amegrove convidan a participar no devandito concurso e a gozar dun dos produtos da nosa ría con maior sabor e versatilidade nas cociñas.

Deja un comentario