+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

RIOMAIOR: NOVO DESTINO DOS COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS DO PLAN REVITALIZA PARA A VECIÑANZA DE VILABOA


Máis de medio milleiro de vivendas con horta no concello dispoñen xa de recipientes para compostar o seu lixo orgánico

A Deputación de Pontevedra vai realizar un novo reparto de composteiros individuais do Plan Revitaliza entre a veciñanza do Concello de Vilaboa. Será este sábado día 6 ás 16.30 na casa da cultura de Riomaior. Alí poderán acudir todos os veciños e veciñas propietarios de casas unifamiliares con finca que xa foron citados de forma persoal polo persoal técnico provincial, e tamén aqueles outros que aínda non teñen o seu composteiro e se queiran adscribir ao plan.

O Concello de Vilaboa é un dos máis adiantados da provincia en materia de compostaxe de residuos ao abeiro do Plan Revitaliza. Ademais dos composteiros comunitarios instalados, que dan servizo a zonas de poboación máis densa e tamén a produtores singulares, máis de medio milleiro de vivendas do concello que dispoñen de leira teñen xa o seu composteiro para compostar o lixo orgánico que xeran no seu domicilio. Con esta nova entrega en Riomario continúase a traballar co obxectivo de que toda a cidadanía do municipio trate os seus restos orgánicos (residuos de cociña e de xardín) mediante a compostaxe antes de finais de ano.

Na reunión da casa da cultura entregarase un composteiro doméstico de exterior, un aireador, un termómetro analóxico, un manual de compostaxe, e un saco de mostra de estruturante (material leñoso que se ten que misturar cos biorresiduos domiciliarios). Tamén se aproveitará para inscribir á veciñanza que queira ser usuaria do servizo de trituración municipal de restos vexetais.

Deja un comentario