+034 986 09 02 04 Martes 11 de Decembro de 2018

BAIONA REALIZA TRABALLOS DE MELLORA NA ILUMINACIÓN VIARIA


A Concellería de Electricidade do Concello de Baiona levou a cabo traballos para mellorar a iluminación na zona da urbanización “O Bosque” en Baiona.
O Concello de Baiona realizou os traballos para mellorar a iluminación desta contorna. Parta iso realizáronse traballos de modificación dos báculos existentes en canto á súa altura e inclinación con respecto á vía pública. Tamén levou a cabo o cambio das luminarias da iluminación municipal coa substitución de 20 lámpadas de 125 w de luz mestura máis reactancia de 25 w por outras de 30 w de tecnoloxía LED.
O concelleiro de Electricidade, José Ángel Bahamonde, sinala que as novas lámpadas LED mellorarán a iluminación, como xa se comprobou noutras zonas onde xa está instalada. “A iluminación LED destaca polo seu menor consumo e baixo mantemento, o que supón un aforro para as arcas municipais. Pásase dun consumo real de 150 w a 30 w, o que equivale a un aforro do 80% para as arcas municiaples”, destaca Bahamonde.
O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, explica que “con esta renovación contribúese, ademais, ao respecto ao medioambiente posto que as novas luminarias consomen menos que unha lámpada tradicional, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro”. Rodal matizou que o paso a LED supón: “unha mellora e un aforro moi importante, conseguindo un maior aforro enerxético, un 80% menos, e a consecuencia económico ao mesmo tempo que reforzamos a cantidade de intensidade lumínica. Os veciños da zona viron mellorada a iluminación nas súas rúas”, o que xa comprobou o Alcalde coa súa visita e segundo os comentarios que lle fixeron os veciños no lugar.
As vantaxes da tecnoloxía led son múltiples: supón un alto índice de reprodución, un alto rendemento lumínico, máis de 150 lúmenes por watt, todo eles sen producir contaminación lumínica nin ambiental, sendo cento por cento sustentable. Ademais, este tipo de tecnoloxía supón un 80% de aforro fronte a outras.
A esta nova mellora efectuada nesta zona súmanse as intervencións levadas a cabo en todos os pasos de peóns engádese as novas melloras efectuadas na Avenida Foz do Miñor, en Sabarís, e a Avenida Monte Real, arterias principais de acceso norte á vila, a Avenida Joselín, entrada sur á localidade, moi utilizada tamén polos que utilizan a circunvalación.

Deja un comentario