+034 986 09 02 04 Domingo 21 de Outubro de 2018

O CONCELLO E O CLUB GOLFIÑOS DE BUEU ORGANIZAN A PRESENTACIÓN DO LIBRO ‘VOCES DE BUEU. MOSAICO DE VIVENCIAS’


O acto será ás 20.30 h na Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa
O Concello de Bueu e a Asociación Club Golfiños organizan este venres, 5 de outubro, a presentación do libro Voces de Bueu. Mosaico de vivencias, unha proposta que recolle vinte e cinco historias, nas que se amosa o xeito de vivir e de falar nos distintos lugares deste Concello (Cela, Beluso, Ermelo e Illa de Ons), a través das cales o público poderá coñecer a singularidade e a riqueza cultural e lingüística. O acto, que terá lugar ás 20.30 horas na Sala de Exposicións Domínguez Búa, contará coa presenza da concelleira de normalización lingüística, Silvia Carballo, cos responsables do colectivo que levou a cabo o proxecto e con algunhas das persoas que foron gravadas e da rapazada que colaborou. Tamén está prevista a actuación do grupo de gaitas Os Xuncos, de Lalín.
A edición deste traballo foi financiada polo Concello de Bueu e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Deja un comentario