+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Decembro de 2018

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE ‘ATENCIÓN E APOIO PSICOSOCIAL DOMICILIARIO’


Está dirixido prioritariamente a desempregados e empadroados no municipio co graduado escolar ou ESO
O Concello de Nigrán organiza gratuítamente un curso de “Atención e apoio psicosocial domiciliario”, dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas (mínimo 15 días) e empadroadas no noso municipio (mínimo 30 días) que posúan, polo menos, o Graduado Escolar ou a ESO. O prazo de inscrición arranca mañá venres día 5 e finaliza o xoves 11 de outubro. Neste curso, o alumnado adquirirá os coñecementos teórico/prácticos sobre mantemento e rehabilitación psicosocial en domicilio, apoio ás xestións cotiáns no fogar e a interrelación e comunicación coa persoa dependente e a súa contorna. Esta formación encádrase coma un dos módulos formativos do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio. Terá unha duración de 270 horas, que se dividirán en 210 horas teóricas e 60 horas prácticas.
O Concello sufraga íntegramente esta acción, o que implica unha moi boa oportunidade para as persoas interesadas neste tipo de formación e emprego, non só pola súa calidade, senón tamén polo importante aforro económico que supón dita financiación completa.
As persoas interesadas en participar, deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal do 05 ao 11 de outubro, cubrindo unha instancia e unha enquisa de selección que estará a súa disposición no Servizo de Información, no Centro Antena Municipal e no Departamento de Desenvolvemento Local de Nigrán e achegando a totalidade da documentación que se indica en dita solicitude. Aquelas persoas que posúan a acreditación dixital correspondente, tamén poderán inscribirse mediante a plataforma da “Sede Electrónica” do Concello de Nigrán.
Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Desenvolvemento Local, no 986-365000 (extensión 7) e co Centro Antena no teléfono 986–366572, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos tle.nigran@nigran.org, centroantena@nigran.org e orlaboral@nigran.org indicando un teléfono de contacto.

Deja un comentario