+034 986 09 02 04 Xoves 13 de Decembro de 2018

BAIONA AMPLÍA A ZONA AZUL GRATUÍTA Ás RECENTEMENTE HUMANIZADAS CALES MARQUÉS DE QUINTANAR, LAUREANO SALGADO, E COIDADE DE VIGO PARA PROMOVER O USO ROTATORIO DAS PRAZAS DE APARCADOIRO


Baiona amplía a súa zona azul gratuíta outras tres zonas. Trátase das recentemente humanizadas cales Marqués de Quintanar, Laureano Salgado, e Coidade de Vigo. En canto á rúa Marques de Quintanar o uso do novo dispositivo será obrigatorio desde a Glorieta de Colón ata a confluencia coa PO-552, concretamente os números 1 e 2 ao 10 e 25. En Laureano Salgado os números 1 e 2 ao 9 e 14, mentres que en Coidade de Vigo será en toda a rúa.
Aprobouse por maioría do grupo municipal do PP, 9 votos, co voto de calidade do Alcalde, a Ordenanza reguladora do estacionamento regulado con horario limitado gratuíto do Concello de Baiona.
Aplicarase a restrición ao aparcadoiro de luns a venres, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e as mañás dos sábados, estará limitado a unha hora e media, dúas para as persoas con mobilidade reducida.
Tras a aprobación en pleno, o seguinte paso será a publicación da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia e abrirase un prazo de exposición pública para formular alegacións. O rexedor insiste en que non estarán operativos ata que a ordenanza pase cada unha das fases e por suposto, que cheguen os discos que se han de repartir de forma gratuíta. Segundo a ordenanza municipal pasarse da hora ou non usar o disco, leva multa de 80 euros ou a metade se se abona nos 20 días seguintes.
Ata agora só estaba habilitado este sistema de control de aparcadoiro nas rúas Carabela Pinta, 1 e 2 ao 17 e 18) e Julián Valverde (11 e 12 ao 60 e 85). Coa nova ordenanza será necesario que os vehículos que queiran estacionar durante o tempo permitido teñan o disco horario. Poderanse obter de forma gratuíta na casa consistorial, na oficina de turismo e en establecementos comerciais e hostaleiros.
Os dispositivos están homologados para poder utilizalos noutros municipios da contorna que tamén implantaron a zona azul como A Guarda, Salvaterra, Tomiño e Tui.
“A prioridade é fomentar a rotación”, destaca o rexedor baionés lembrando “que hai condutores que estacionan o seu vehículo en zonas céntricas e poden chegar a deixalos sen mover durante días, especialmente durante a época estival, cando o municipio triplica a súa poboación”.
Isto dificultan en gran parte a actividade social e económica da vila xa que resulta imposible atopar unha praza de estacionamento próxima ao centro para poder realizar os trámites habituais dos veciños como ir ao banco ou ao propioConcello. Este problema paliouse en parte grazas ao sistema implantado no aparcadoiro subterráneo do Aral. É un aparcadoiro xusto á beira do centro de saúde, o CPI Cova Terreña, o INEM ou o Centro histórico Peonil, onde se atopan o propio Concello ou o Xulgado de Paz, e, desde que o concello asumiu a súa xestión, calquera pode facer uso gratuíto deste servizo durante a primeira hora desde mediamos de setembro ata mediados de xuño. Esta medida tomouse para facilitar as xestións cotiás dos veciños e veciñas de Baiona.
O Alcalde, Ángel Rodal, sinala que “os discos pretenden ter un efecto disuasorio para promover o uso rotatorio das prazas existentes, facilitando tamén o desenvolvemento da actividade económica do municipio, cuxa principal industria é o sector da hostalería e servizos”.

Deja un comentario