+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

A XUNTA CONCEDE UNHA AXUDA DE 50.000 EUROS AO CONCELLO DE PONTEAREAS PARA CONTRATAR ORIENTADORES LABORAIS


Belén Villar destaca que unha vez máis a administración autonómica aposta polo municipio

A Xunta de Galicia acaba de publicar no DOG as subvencións concedidas aos diferentes concellos para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral.
No caso de Ponteareas foi beneficiada cunha axuda de cincuenta mil euros para a contratación de dous orientadores laborais.
Esta axuda súmase aos máis de 250.000 euros que achega a administración autonómica en Ponteareas para plans de formación e facilitar así a inserción laboral.
“A Xunta está a apostar por xerar emprego no noso municipio. Ademais desta axuda para a contratación dun orientador laboral, tamén hai destinados máis de 250.000 euros para plans de formación destinados aos veciños de Ponteareas que se atopan en situación de desemprego. Xerar emprego foi sempre una das nosas prioridades e con estas subvencións se demostra. Esperamos que o alcalde Represas e o seu goberno tripartito saiban facer un bo uso das mesmas”.

Deja un comentario