+034 986 09 02 04 Xoves 13 de Decembro de 2018

O CONCELLO DE ARBO, SOLICITA A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA MOBLILIARIO PARA ESPAZOS PUBLICOS MUNICIPAIS


 

Ao abeiro da convocatoria do programa de mellora de espazos públicos durante o exercicio da Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello de Arbo, solicita mobiliario para diversos espazos publicos.

As actuacións ao abeiro do Programa consistirán exclusivamente na entrega de material, bancos e papeleiras, realizados na Escola de Cantería, dos módulos formativos de carpintería e cerraxería, entre outros.

Dende o Concello de Arbo, solicitase bancos e papeleiras para os lugares de A Praza de Sela na parroquia de Sela, para a Praza de Barcela no parroquia de Barcela, para o Campo da Feira da Lomba na parroquia de A Lomba e para o Casco Urbano de Arbo.

Con esta dotación de mobiliario, tal e como reflexa as Bases, e mellorar a calidade de vida dos cidadáns e cidadás de Arbo e recuperar ambientalmente os espazos públicos degradados, xardíns, parques ou calquera tipo de área de lecer dos concellos para convertelos en zonas de convivencias das veciñas e veciños.

Dende o Concello de Arbo, informan que no ano 2017, recibiuse o colocaronse bancos e papeleiras na praia Fluvial de San Xoan. O rexidor informa que con este mobiliario pretendese dar resposta as solicitudes dos veciños, así como mellorar e seguir traballando por unha boa calidade para os habitantes de Arbo, así como para os turistas, os cales cada ano son máis, que durante o ano escollen Arbo, para pasar as suas vacacións, para disfrutar da nosa gastronomia, paisaxes, patrimonio…

Deja un comentario