+034 986 09 02 04 Mércores 15 de Xullo de 2020

O GOBERNO DE CARMELA SILVA DESTINA MÁIS DE 3,5 MILLÓNS DE EUROS A QUINCE CONCELLOS DA PROVINCIA A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


A institución provincial financia diversos proxectos de acondicionamento, mellora e reforma de espazos, servizos e vías públicas

 

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar novos investimentos nun total de quince municipios da provincia no marco da liña 1 do vixente Plan Concellos. Trátase dun total de dezanove partidas por un total de 3.500.478,16 euros para Agolada, Cambados, Cangas, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Gondomar, Lalín, A Lama, Ponteareas, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Soutomaior, Valga e Vila de Cruces.

En primeiro lugar, o goberno de Carmela Silva ven de aprobar unha importante achega de 509.969,17 euros para Valga que serán destinados ao financiamento da rede de saneamento na vila, concretamente nos lugares de Balleas-Socastro, Outeiriño-Baño-Carballiño e Sixto, Chenlo-Puente Valga, Raxoi, Bronllo-Cernadas, Vilar e Cernadas (EDAR). Esta actuación permitirá a evacuación das augas residuais procedentes das vivendas, eliminando os pozos negros e fosas sépticas existentes, e evitando así os posibles focos de contaminación ambiental. Este ano, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra destina a Valga 873.751,63 euros, o que supón case un 75% máis que o ano pasado.

Para Agolada, o Goberno provincial autorizou dous investimentos por un valor de 186.595,34. Máis polo miúdo, 66.016 euros financiarán a mellora de infraestruturas básicas como é a substitución do solado da beirarrúa e instalación de xogos infantís, e outra achega de 120.578,91 euros serán destinados á mellora de camiños nos tramos de Galegos, Aian, Marcelin – Vila Grande, Sesto, Brocos – Bugallal, Baiña – A Martiña, Baiña – San Pedro A Eirexe, Basadre – Santa María, Basadre – Santa María a río Ulla, As Penelas a Avila, Casas Novas a Monte Meixide, Trabancas a Quintin, Trabancas – Aian a O Val, e Buxan. A través do Plan Concellos, Agolada ten este ano 879.177,01 euros a súa disposición, un 73,5% máis que no exercicio anterior.

No caso de Cambados, a Deputación deulle o visto bo a unha partida económica de 218.680 euros para a remodelación da praza de abastos e a lonxa vella da vila. A través do vixente Plan Concellos, a institución provincial destina a Cambados un total de 1.632.202,09 euros, o que supón un 76,7% máis que en 2017.

Para Cangas, o goberno de Carmela Silva aprobou unha achega de 122.849,92 euros para financiar a pavimentación nas rúas San Xoán de Cangas e Eduardo Pondal. Este ano, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra destina a Cangas 1.887.110,87 euros, un 73,28% máis que no exercicio anterior.

Pola súa banda, a institución provincial autorizou un investimento de 153.671,73 euros para Cerdedo-Cotobade que serán destinados á reforma da cuberta e acondicionamento interior da planta alta da casa do emigrante. A través do Plan Concellos, Cerdedo-Cotobade ten este ano 1.244.234,93 euros, case un 74% máis que en 2017.

Para A Estrada, o Goberno provincial aprobou tres partidas económicas por un valor total de 741.999,98 euros. Concretamente, 199.999,99 euros para a substitución do pavimento e melloras no campo de fútbol Manuel Regueiro; 85.000 euros para a pavimentación de vías urbanas en vieiros municipais de Figueroa de Arriba, Figueroa de Abaixo, Cañoteira, Rúa Decoita, Rúa Castelao, Rúa do Muíño e Travesía, Rúa Z, Camiño da Caldesiña, Travesía de Penarada e Rúa da Cultura-Zona Deportiva; e 456.999,99 euros para a mellora do firme de vieiros municipais nos lugares das parroquias de Agar-Orazo, Somoza (Sureiros-A Carballeira), Somoza (Castro Ramiro)–Tabeirós (Tosar-Quintas-Cepetelo), Tabeirós (Consolación)-Parada, Nigoi (A Silva), Nigoi (EP7001-Escariz) Parada (Femil)-Ribela, Parada (As Vilas), Ribela (Vilar)-Vinseiro (A Pena), Arca (O Carballal), Arca (Amarelle), Arca (Nodar), Souto (Souto)-Arca, Souto (Montillón PO222–San Torcado) e Codeseda (Xubrei-Insuela). A través do vixente Plan Concellos, A Estrada ten destinados 2.708.685,18 euros, o que supón máis dun 73% que o ano pasado.

No que respecta a Gondomar, o goberno de Carmela Silva deulle o visto bo a un investimento de 70.060,29 euros para financiar o proxecto de urbanización da contorna do peto de ánimas de Piñeiro. Este ano, a través do Plan Concellos, a institución provincial destina a Gondomar 1.667.227,04 euros, un 77,22% máis que en 2017.

 

No caso de Lalín, a Deputación autorizou unha partida económica de 319.998,8 euros para financiar a reforma da Praza da Vila, Fase I. A través do vixente Plan Concellos, a institución provincial destina a Lalín 2.630.897,13 euros, o que supón un 73,44% máis que no exercicio anterior.

Para A Lama, o Goberno provincial aprobou unha achega de 118.094,93 euros para a captación, depósito e rede de distribución de auga de uso doméstico en Borralleiro, Carballeira, Eido Macho e Eido Tendeira, Barcia de Seixo. A través do Plan Concellos, A Lama ten este ano 814.328,9 euros a súa disposición, un 73,38% máis que o ano pasado.

Por outra banda, a institución provincial autorizou un investimento de 165.723,58 euros para Ponteareas que serán destinados ao proxecto de reurbanización dun tramo da rúa San Roque. Este ano, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra destina a Ponteareas 1.948.813,32 euros, un 73,35% máis que en 2017.

No que respecta a Rodeiro, o goberno de Carmela Silva deulle o visto bo a unha partida económica de 313.646,76 euros para financiar a urbanización na Praza de Oseira e o seu entorno. A través do vixente Plan Concellos, a institución provincial destina a Rodeiro un total de 886.332,52 euros, o que supón case un 74% máis que no exercicio anterior.

Para O Rosal, a Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de 79.212,39 euros destinados á mellora da mobilidade peonil na E.P. 3302 entre San Miguel de Tabagón e Valdemiñotos dende o P.K 1+940 ata o viario municipal. Este ano, a través do Plan Concellos, o goberno de Carmela Silva destina a O Rosal 969.267,6 euros, un 74,22% máis que o ano pasado.

No caso de Salceda de Caselas, a institución provincial autorizou dous investimentos por un valor de 230.880,1 euros. Máis polo miúdo, unha achega de 104.981,44 euros para financiar a mellora de camiños en Salceda, Soutelo e Parderrubias e a pavimentación da rúa Rosalía de Castro; e outra de 125.898,66 euros tamén para a mellora de camiños en Bouzavedra, Pedrapinta, A Feira e Pedracarballa. A través do Plan Concellos, Salceda de Caselas ten este ano 1.122.796,72 euros a súa disposición, un 75,47% máis que en 2017.

Pola súa banda, a Deputación deulle o visto bo a unha partida económica de 134.965,02 euros para Soutomaior que serán destinados ao financiamento das pavimentacións nos camiños de Comboa, Aranciña, Aranza, Romariz, Carballas, Alxán e Moreira. A través do vixente Plan Concellos, a institución provincial destina a Soutomaior 928.649,09 euros, o que supón un 74,16% máis que no exercicio anterior.

Finalmente para Vila de Cruces, o Goberno provincial aprobou unha achega de 134.130,15 euros para financiar a rede de abastecemento nos lugares de Castrelo e Cima da Aldea. Este ano, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra destina a Vila de Cruces un total de 1.117.984,97 euros, un 73,49% máis que o ano pasado.

Deja un comentario