+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

O CLUB CICLISTA PONTEAREAS MOSTRA O SEU GRAN NIVEL TAMÉN EN CICLOCROSS


Este domingo celebrouse en Xaxán, Marín, a carreira Internacional de ciclocross, onde numerosos corredores de ámbito internacional déronse cita
Os corredores do Ponteareas, deron o máximo de si e mostraron o seu poderio tamen en ciclocross.
Na categoria cadete Miguel Rodríguez liderou a proba sendo astuto e no seu duelo co campión de España conseguiu gañar e alzarse co primeiro posto.
Na categoria Xuvenil Jorge Fernández logrou a 3° posición pelexando duramente contra outras escuadras de gran nivel, onde mostrou o seu poderío.
Non esquezamos que o Ponteareas estréase despois de moitos anos na categoria de sub23 con Adrián Barros, o cal con gran forza e tesón, mostrou a súa categoría, logrando alzarse coa 2° posición.
Borja Gómez fixo unha gran carreira onde toda a xente alli presente animou como o campión que é.
Este venres tamen de disputou a carreira de ciclocross de Santiago, onde Miguel Rodríguez e Jorge Fernández alzáronse como actuais líderes da Copa de Galicia nas categorías de cadetes e xuvenís, como vedes os do Ponteareas son imparables

Deja un comentario