+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA UN MERCADO ECOLÓXICO E ARTESANAL O 18 DE NOVEMBRO


O prazo de presentación de solicitudes para os expositores está aberto ata o 26 de outubro
O aparcadoiro das Lagoas será o escenario elixido para a celebración o 18 de novembro do Mercado Ecolóxico e Artesanal que organiza o Concello de Bueu e que ten como finalidade revitalizar e promover o consumo de produtos de proximidade, ademais de recuperar o uso da praza como lugar de intercambio social. De cara á organización do evento, o Concello abre o prazo de presentación de solicitudes para que os expositores interesados se apunten antes do 26 de outubro.
O mercado terá horario de 11 a 20 horas, e a exposición e venda complementarase con actividades complementarias tales como obradoiros, demostracións, catas ou exhibicións, charlas ou coloquios relacionados coa promoción dun modelo de consumo e produción responsable e sustentable.
Segundo consta nas bases de participación, que se poden consultar na web municipal, permítense un total de corenta postos, os cales poden ser de alimentación, artesanía, comercio xusto, saúde e benestar, tecidos e calzado, turismo, gastronómicos e outros. Tamén hai que salientar que se reservan dez postos para expositores de Bueu.
O Concello de Bueu leva desde o ano 2013 traballando a prol da dinamización e economía local e ecolóxica, e por iso se organizan ademais mercados temáticos, como é o caso do Mercado de San Xoán que tivo lugar no Parque Ramal dos Galos, ou o mercado mariñeiro, celebrado hai unhas semanas no barrio da Banda do Río.

Toda a información pode consultarse na páxina web: www.concellodebueu.gal.

Deja un comentario