+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

O CONCELLO RECIBE A VISITA DE ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA DO CPR VIRXE MILAGROSA


O alumnado de 1º e 2º de primaria do CPR Virxe Milagrosa de Bueu visitou este luns o Concello de Bueu, onde se organizou un acto de presentación no que estiveron presentes o alcalde da vila, Félix Juncal, o concelleiro de facenda, José I. Cuervo, a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, e o concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro. Os corenta e catro rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de coñecer os distintos departamentos municipais, o que o alcalde lles explicou empregando o símil do funcionamento dos colexios. Ademais, tiveron a oportunidade de facer as súas propias preguntas e suxestións sobre aspectos relacionados coas actividades e infraestruturas da vila.
A visita forma parte dun proxecto educativo do centro que consiste en potenciar o coñecemento do lugar no que viven os nenos e nenas, e de aí que ao longo deste curso estean programadas saídas a outros espazos de interese social e comunitario. Ao remate do acto, os nenos e nenas foron agasallados cun libro sobre Maruja Mallo.

Deja un comentario