+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Novembro de 2019

O CONCELLO ANCHEA, ATA OS 10 METROS, A ESTRADA QUE DA ENTRADA AO CEIP PLIRILINGÜE DE ATIOS, NO LUGAR DE CATROCAMIÑOS, UN DOS LUGARES MÁIS TRANSITADOS DA PARROQUIA


A parte do vial do lugar de Catrocamiños que da entrada ao CEIP Plurilingüe de Atios, terá a partir da semana que vén un ancho de 10 metros, “o establecido pola lei”, logo do remate dos traballos que están a realizarse neste lugar.
Os mesmos, sinala o tenente de alcalde, Manuel Carrera, foron posibles logo da cesión desinteresada dos veciños de parte dos seus terreos que, logo da retirada de muros, permitiron, “o ancheado e pavimentado desta estrada, unha das máis transitadas da parroquia”.
Carrera indica que esta obra,que contou cun orzamento superior aos 10.000€ procedentes de fondos municipais, realizouse con persoal contratado con cargo á axuda da Deputación de Pontevedra, e traballadores do Concello e forma parte do Plan de Mellora de Viais, Camiños e Estradas Municipais posto en marcha polo actual Goberno local.

Deja un comentario