+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

DEZ ASOCIACIÓNS SOLIDARIAS REPARTIRÁNSE 20.000 EUROS GRAZAS AO ESFORZO RECICLADOR E DE RECUPERACIÓN DOS SEUS CONCELLOS


A totalidade de concellos premiados, Redondela, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos, Vilalba, Santiago de Compostela, Pontevedra e Lugo, reciclaron máis dunha tonelada de residuos do contedor amarelo nos meses de maio, xuño e xullo

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, fixo entrega esta mañá de dez galardóns, por importe de 20.000 euros, a dez concellos galegos que entregarán a senllas asociacións solidarias nos seus respectivos municipios. Este galardón é un recoñecemento ao esforzo realizado para incrementar as taxas de reciclaxe e recuperación de envases lixeiros deste municipios.

A Consellería de Medio Ambiente puxo en marcha a campaña Recicla, respira e supérate. Únete ao reto, impulsada en colaboración con Ecoembes, co fin de fomentar a reciclaxe de envases lixeiros nos concellos pola vía da concienciación e mediante diversas accións de impacto na rúa.

Ferreira Costa recordou que o obxectivo era que nos tres meses da campaña (maio, xuño e xullo), os concellos participantes tiñan que mellorar nun 10% a porcentaxe das achegas que fixeron ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e bricks) no mesmo período de 2017 e, de logrado, recibirían como recompensa 2.000 euros, cantidade que podían destinar á causa social que elixan.

Tal e como explicou a directora xeral, os concellos de Redondela, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos, Vilalba, Santiago de Compostela, Pontevedra e Lugo, reciclaron máis dunha tonelada de envases lixeiros (contedor amarelo) nos meses de maio, xuño e xullo; e destacou o esforzo de Redondela, que foi o concello que rexistrou o maior incremento porcentual con case un 45%.

Deja un comentario