+034 986 09 02 04 Xoves 12 de Decembro de 2019

MORAÑA CONTARÁ CUN CIRCUÍTO PUMP-TRACK PARA BICICLETAS DE MONTAÑA E DEPORTES DE INERCIA XUNTO AO CAMPO DE FÚTBOL DO BUELO


O recinto, que quedará integrado no terreo, ocupará 500 metros cadrados con 211 de zona de rodadura, un metro de altura e 4 curvas

 

O Concello de Moraña vai contar a curto prazo cunha nova e moderna instalación deportiva, xa que vaise construir un Circuíto Pump-Track para bicicletas de montaña (MTB) e para a práctica de deportes de inercia nas inmediacións do campo de fútbol e da pista multideporte do Buelo.

Esta actuación ten un orzamento de 45.000 euros, que podería contar con financiamento autonómico se prospera a solicitude cursada, e vai comezar en breve prazo, o que motivou que a alcaldesa, Luisa Piñeiro, e o teniente de alcalde José Cela se desprazaran ata a zona da obra para supervisala despois de recibir o completo proxecto técnico. Ademais, agardan que o circuíto sexa unha realidade en pouco tempo, xa que o prazo de execución é de apenas un mes desde o inicio dos traballos.

O recinto levantarase cunha intervención mínima e quedará perfectamente integrado no terreo, xa que se aproveitarán as pendentes existentes e ademais terá unha altura escasa, de apenas 105 centímetros. Polo demais, as obras de construción consistirán no emprego de zahorras compactadas sobre as que se disporá unha capa de aglomerado asfáltico cunha posterior terminación de slurry.

Así mesmo, tamén está previsto que a evacuación de auga da pista se realice a través dun dobre sistema, cunha canalización con tubos de drenaxe e tamén a través do desnivel propio do terreo natural do seu emprazamento.

O circuíto, ao que se accederá a través da rotonda da rúa número 7, terá unha superficie total de case 500 metros cadrados, dos que 211 serán para a zona de rodadura, 138 para taludes e 130 para as illas interiores. Contará con catro curvas, dúas delas de 180 graos e as outras de 90, e estará realizado con materiais de primeira calidade con marcado CE para garantir a seguridade.

Piñeiro destacou que o Plan de Investimentos 2018 “segue aberto e máis vivo ca nunca malia chegar ao derradeiro trimestre do ano”, xa que se sitúa xa nos 2,73

Deja un comentario