+034 986 09 02 04 Xoves 05 de Decembro de 2019

ROSA QUINTANA PON EN VALOR O LABOR DA CONFRARÍA DE PESCADORES E DO CLUB DE PIRAGÜISMO DE PORTONOVO NA PROMOCIÓN DO SELO DE CALIDADE PESCADERÍAS


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o traballo da Confraría de Pescadores e do Club de Piragüismo de Portonovo na difusión do selo de calidade pescadeRías a través da primeira edición da Festa da Empanada Mariñeira de produto pescadeRías, que se celebra esta fin de semana en Portonovo, no concello de Sanxenxo. Durante a inauguración deste evento, a titular de Mar, destacou especialmente o labor do patrón maior en funcións da confraría, José Antonio Gómez, un home comprometido coa súa xente e co conxunto do sector e un traballador incansable que aposta polo produto do mar de Galicia, sinalou.

En canto á festa, Rosa Quintana subliñou o seu papel para enxalzar a ampla variedade de produtos do mar do selo pescadeRías, elixidos para elaborar as empanadas; entre eles, polbo, mexillón, berberecho, xouba, xarda, choco e algas. Un evento, engadiu, no que se fusiona a gastronomía, o deporte e a cultura mariñeira. Ademais, a festa serve para render homenaxe a José Antonio Gómez, que anunciaba hai semanas a súa renuncia a continuar tanto como mandatario do pósito portonovés coma na presidencia da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra.

Deja un comentario