+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE BAIONA INSTALA AVISADORES ACÚSTICOS PARA INVIDENTES NOS PASOS DE PEÓNS DA RÚA ELDUAYEN


O Concello de Baiona instalou seis avisadores acústicos para invidentes nos tres semáforos instalados nos pasos de peóns da Rúa Elduayen.
Estes avisadores xa se instalaron e o Alcalde, Ángel Rodal, comprobou o seu funcionamento. Segundo manifestou o primeiro edil, “o Concello de Baiona dá desta forma un paso máis cara a unha cidade máis accesible, cun servizo que non só vai beneficiar aos invidentes senón tamén ao resto de cidadáns, pois estes avisadores tamén chamarán a atención daqueles peóns máis despistados”.
Rodal detallou que se tratou de “unha petición que me traslada o noso concelleiro de Mobilidade, Policarpo Vilar, e que realizo de sumo gusto, seguimos traballando para eliminar as barreiras á mobilidade na nosa Real Vila”.
En concreto, instalouse un avisador en cada un dos pés de semáforo. Estes aparellos están programados para funcionar de 8.00 a 22.0horas e o son agudo emítese no volume máis conveniente que permite o servizo para non producir molestias innecesarias.
Os avisadores acústicos responden á necesidade de facilitar a mobilidade das persoas con discapacidade visual, incrementando de forma notable os niveis de seguridade viaria e propiciando a consolidación dunha cidade máis accesible, con atención preferente para as persoas ou colectivos que padecen algún tipo de discapacidade ou que teñen necesidades especiais, como sucede neste caso.
O Concello de Baiona está a impulsar unha serie de medidas tendentes a incrementar os niveis de seguridade viaria, a circulación do tráfico e a redución dos accidentes de circulación, especialmente os atropelos, protexendo aos colectivos máis vulnerables, como os menores e maiores e as persoas con mobilidade reducida. Varias destas actuacións están relacionadas coa mellora da seguridade e a visibilidade dos pasos peonís, como foron a propia instalación fai cinco meses por parte da Consellería de Infraestruturas e Vivenda dos tres semáforos instalados na fronte marítima que regulan a circulación da principal vía do centro da localidade. Outras das medidas levadas a cabo polo consistorio baionés foi a mellora da eficiencia enerxética nas luminarias da zona da iluminación municipal da PO-552 coa substitución de lámpadas de 150 watts de halogenuro por outras de 80 w de tecnoloxía LED.
O departamento de electricidade do Concello de Baiona revisou varios pasos de peóns do municipio para mellorar as condicións de visibilidade e iluminación co obxectivo primordial mellorar a visibilidade e con iso a seguridade viaria e dos peóns.
Coa finalidade de facer da localidade un lugar máis seguro, púxose en funcionamento un novo sistema de iluminación.
Os traballos levaron a cabo en todos os pasos de peóns existentes entre A Avenida Foz do Miñor, en Sabarís, e a Avenida Monte Real, arterias principais de acceso norte á vila, e, a Avenida Joselín, entrada sur á localidade, moi utilizada tamén polos que utilizan a circunvalación.
Coa nova iluminación, procedeuse á alumado da área vertical conseguindo unha maior visualización do peón durante o seu paso, sendo esta unha maneira máis fiable e segura de ver ao peón desde o punto de vista do condutor.
Cos novos traballos de mellora acabouse coa iluminación homoxénea, proporcionando un maior contraste o que facilita a identificación dos pasos de peóns, e polo tanto, facilita que os condutores que se achegan poidan ver claramente aos viandantes.

Deja un comentario