+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

XORNADAS DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS DE SALVATERRA DE MIÑO


O Concello de Salvaterra, en colaboración cos centros de primaria e o IES, ven de organizar unhas xornadas de promoción da igualdade entre os máis cativos, co fin de crear e facer conciencia sobre a igualdade no seu día a día.

Estas xornadas foron impartidas por persoal especializado na materia, e enfocadas á aplicación da perspectiva de xénero entre o alumnado do municipio. Charlas de sensibilización e prevención creativa contra a violencia de xénero e as redes sociais. Actividade articulada como un proceso grupal, no que se partiron de conceptos clave relativos á igualdade de xénero para ir entrando pouco a pouco en contidos máis complexos.

Nos centros de primaria traballouse co alumnado de 5 e 6 a perspectiva de xénero aplicada aos comportamentos cotiás e as redes sociais, co fin de ser capaces de detectalas e cambiar a súa conducta. Nesa mesma liña foi tamén a charla impartida aos alumnos e alumnas de 4 da ESO do IES.

Según as palabras de Marta Valcarcel, 1ª Tte de Alcalde, dende o Concello buscouse que o alumnado asumira o papel protagonista participando dos procesos de reflexión colectiva e na obtención das conclusións en cada dinámica co fin de crear conciencia e cambiar hábitos e conductas.

Deja un comentario