+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

A XUNTA INICIA NA ENTRADA DA RAMALLOSA A GONDOMAR A CONSTRUCIÓN DAS BEIRAVÍAS RECLAMADAS DENDE O CONCELLO DE NIGRÁN


O goberno autonómico da marcha atrás ao proxecto inicial atendendo así as peticións do Concello de crear novas beirarrúas en ambas marxes da PO-340 e de manter as árbore. Grazas a este cambio a entrada a Ramallosa terá ao fin un tratamento urbano e accesible
O goberno local reitera á Xunta a petición para que tamén actúe nas beiravías de Otero Pedrayo
Nigrán, 06.10.18- O Concello de Nigrán celebra que a Xunta atendese as súas alegacións e finalmente esté a construír novas beiravías en ambos sentidos nos últimos 240 metros de entrada de A Ramallosa cara a Gondomar. O goberno autonómico rectifica deste xeito o contemplado no proxecto de senda para ciclistas e peóns na PO-340 que limitaba as beirarrúas á marxe esquerda (dirección Gondomar-Ramallosa) e só ata a praza de abastos da Avenida de Portugal. O Concello de Nigrán manifestou dende o mesmo momento en que coñeceu o proxecto, en agosto de 2017, o seu rexeitamento a que non se contemplasen ambos sentidos e a que no lado dereito se talasen os olmos para construir un talude, circunstancia que agora se evita.
“As beiravías dese tramo estaban totalmente destrozadas, resultaban inaccesibles e provocaban as lóxicas queixas dos veciños”, sinala o alcalde, Juan González, quen dende o Concello intermediou cos veciños para, precisamente, acadar a cesión de terreo que evita na marxe esquerda talar árbores e facer un talude, como se preveía.
Esta nova senda peonil e ciclista de 3,5 km chegará ata a glorieta de A Ramallosa, o que permitirá que ao fin a entrada a Ramallosa esté totalmente humanizada. “Dende o Concello de Nigrán estamos abertos a colaborar sempre coas demais administracións en todos aqueles proxectos que, indudablemente, benefician ao municipio”, sinala González, quen reitera a petición a Xunta para que tamén arranxe as beirarrúas de Otero Pedrayo.

Deja un comentario