+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

CONSTITUÍDO EN PONTEVEDRA O XURADO DOS SEGUNDOS “PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE”


O galardóns da Deputación de Pontevedra están dotados cun total de 22.000 euros e serán fallados no mes de novembro entre as case 70 candidaturas presentadas

O xurado que fallará os segundos “Premios Provinciais á Xuventude” quedou constituído na Deputación de Pontevedra, impulsora desta iniciativa dirixida ás mozas e mozos da provincia de entre 16 e 35 anos. Os premios están dotados cun total de 22.000 €, repartidos entre sete categorías, e teñen como obxectivo promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de Pontevedra.

As categorías convocadas son: iniciativa social, iniciativa empresarial, blogs, educación en valores, traballo musical, traballo literario e fotografía orixinal. Agás traballo literario, cada unha das categorías está dotada con 3.000 euros en premios: 1.500 euros para o primeiro, 1.000 euros para o segundo e 500 euros para o terceiro. A categoría de traballo literario está dividida en narrativa e poesía, con 2.000 euros para cada unha delas: 1.500 euros para o primeiro premio e 500 euros para o segundo.

A esta segunda edición dos “Premios Provinciais á Xuventude” presentáronse un total de 68 candidaturas: 26 para fotografía orixinal, 16 para traballo literario, 6 en traballo musical, 4 para educación en valores, 6 para blogs, 5 en iniciativa empresarial e 5 para iniciativa social.

Deja un comentario