+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Novembro de 2019

O PP DENUNCIA QUE REPRESAS ENTREGA OS EXPEDIENTES DE ORZAMENTOS E RTP TARDE PARA IMPEDIR O TRABALLO DA OPOSICIÓN


Os expedientes definitivos de asuntos tan importantes como os orzamentos ou a nova relación de postos de traballo do Concello son entregados dúas ou tres días antes de que teñan que ser aprobados

O PP lamenta que Represas chegue sempre “tarde, mal e arrastro” cos asuntos máis importantes en relación á vida municipal.
Primeiramente os orzamentos. Represas convoca un pleno extraordinario este xoves para aprobar uns orzamentos para o ano 2018- “ En pleno mes de Outubro está a aprobar un documento porque non ten con que pagar todos os gastos que se realizaron este ano. En vez de falar dunha previsión de gasto para 2019, imos cara atrás, orzan sobre o gastado. Como sempre facendo uso da súa política de improvisación esta vez nas contas do exercicio 2018 que está a piques de rematar”. O PP non apoiará a aprobación destas contas porque non son realistas coas necesidades do municipio. Doutra banda, a pesar de presentar alegacións para tentar acordar o documento, Represas négase a escoitar ao grupo maioritario da oposición. “Lembrarlle ao alcalde que as nosas alegacións ao orzamento son partidas que ían destinadas a peticións que realizaron os veciños.

 

Parece que non lle interesa o ben común porque non admitiu ninguna alegación ao documento”.

En relación á nova RPT (Relación de Postos de Traballo) o PP congratúlase desta mellora para os traballadores do Concello e lamenta que BNG e PSOE tardasen tantos anos en recoñecer a profesionalidade dos mesmos. “Está claro que Represas iniciou a súa campaña electoral ofrecendo este caramelo aos traballadores públicos deste Concello, podía realizar esta mellora fai tres anos, pero faina agora como antesala á súa campaña electoral. Alegrámonos que despois de tantos anos de críticas por parte do BNG e PSOE acusando a estes traballadores de ser uns “ enchufados do PP” agora recoñezan a súa valía con esta mellora” O PP por outra banda preguntará no pleno por unha serie de cuestións que non veñen recollidas no documento e que a pesar de solicitar unha contestación por escrito a Represas esta nunca se produciu. “Volveremos preguntar polas prazas vacantes que hai na actualidade no persoal funcionarial, necesitamos cadros de persoal funcionario e de persoal laboral detallado por postos. Tampouco inclúese no documento que prazas preténdense amortizar e descoñecemos se os complementos de produtividade existentes ata agora desaparecen por completo”.

O PP lamenta que estas cuestións tan importantes para o bo funcionamento do Concello non sexan tratadas con tempo e tómense a lixeira. “Como sempre todo correndo, sen darnos tempo á oposición para estudar os documentos. Co que nos resulta moi difícil poder valorar os expedientes para darlles o noso apoio. Outro Pleno Extraordinario (van 8 neste ano), pola falta de previsión nos asuntos que queren aprobar, co consecuente custo que supón para o Concello. Todo á carreira. No caso do Orzamento aínda se celebrou onte a Comision Informativa, e os outros tres asuntos temos outra comisión informativa convocada para o mércores, un día antes do pleno. A falta de transparencia e consenso deste alcalde é algo insólito”, denuncian dende o PP.

Deja un comentario