+034 986 09 02 04 Xoves 13 de Decembro de 2018

A Policía Local de Porriño detén un mozo cunha requisitoria xudicial en Torneiros


A Policía Local de Porriño fai un chamamento á colaboración cidadá como aspecto fundamental manter a seguridade no noso municipio

Os feitos acontecían o pasado luns 21 de xaneiro, cando axentes da Policía Local de Porriño se encontraban realizando labores de vixilancia e prevención da Seguridade Cidadá nos Polígonos Residenciais de Torneiros. Arredor das 02.20 horas, os axentes puideron observar a presenza de tres mozos cuxos movementos e actitudes resultaron sospeitosas aos funcionarios.
Deseguido, os tres individuos abandonaron o lugar nunha furgoneta, polo que a patrulla decidiu seguilos, sendo interceptados finalmente na parroquia porriñesa de Pontellas.
Tras ser identificados, un deles foi detido ao comprobar que posuía unha requisitoria xudicial de detención.
Por outra parte, no interior do vehículo localizáronse máis de 120 litros de gasóleo, distribuídos en diversas garrafas, así como unha mangueira; material que foi incautado ao non poder acreditar estes a procedencia legal do devandito combustible.
A Garda Civil do posto do Porriño instrúe xa as dilixencias de investigación.

A Policía Local de Porriño fai un chamamento á colaboración cidadá

A Policía Local de Porriño presta servizo as 24 horas do día os 365 días do ano, realizando un importante labor de vixilancia e prevención da Seguridade Cidadá. Malia iso, dende a xefatura da Policía Local consideran fundamental a colaboración cidadá co fin de manter a seguridade no noso municipio. “É importante que cando un cidadán se encontra ante calquera indicio delituoso se poña en contacto connosco. O tempo de reacción ante unha chamada de urxencia, dependendo do lugar de requirimento, pode ser dende un minuto ata cinco. ”
Todo aquel que queira poñerse en contacto coa xefatura da Policía Local pode facelo a través do número de teléfono 620-404040.

Deja un comentario