+034 986 09 02 04 Domingo 17 de Novembro de 2019

O Concello concede subvencións a dez asociacións de Moraña por 14.000 euros para a celebración de 16 actividades socioculturais


Van recibir axudas os colectivos O Menhir, Os Keimaos, Moraña CF, Romería Cabalar e Recreativa e Cultural da Terceira Idade

 

O Concello de Moraña acaba de aprobar o plan de subvencións 2018 ás asociacións do municipio e, ao abeiro do mesmo, concedéronse axudas a un total de dez colectivos por un importe de 14.000 euros para o desenvolvemento de 16 actividades. Estas aportacións económicas, orientadas a favorecer o dinamismo sociocultural, foron ratificadas polo pleno municipal.

A Asociación de Mulleres Rurais O Menhir recibirá en total case 1.750 euros, xa que vai contar con subvención para cinco actividades: Curso de Cociña (603,31 euros), Viaxe Cultural á Ribeira Sacra (452,01), Obradoiro de Expresión Artística (323,54), Obradoiro de Cesteiría Tradicional Galega (214,11) e Obradoiro Floral (155,47).

Pola súa banda, a Asociación Recreativa e Cultural da Terceira Idade vai ser o outro colectivo que se beneficiará de máis dunha axuda, ata roldar en conxunto os 1.400 euros, para desenvolver tres iniciativas: Viaxe Cultural ao Barbanza (471,04 euros), Viaxe Cultural a Lalín e Arzúa (444,40) e Viaxe Cultural a Portugal (471,04).

Así mesmo, recibirán aportacións municipais a Asociación Romería Cabalar de Moraña para o seu evento equino (2.537,60 euros), a Asociación Cultural Peña Moteira Os Keimaos para a súa xuntanza (2.171,90) e o Moraña CF para a organización da cuarta edición da Moraña Cup (446,03).

No eido folclórico e musical tamén se concederon subvencións a cinco entidades deste ámbito coa seguinte distribución: Asociación Coral Voces Amigas para o intercambio cultural coa polifónica de Gijón (2.355,21 euros), a Banda de Música Nova Lira para a súa Viaxe Cultural a Cantabria e País Vasco (1.821,84), a Asociación Cultural Seixebra para o seu intercambio co colectivo La Arracada de Zamora (788,39), a Asociación de Nais e Pais (Anpa) da Escola de Música para a actividade Bailes no Cuartel (518,15) e a Asociación Cultural Cánticos de Amil para a súa Viaxe Cultural a Lugo (226,80).

 

A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, explicou que a distribución de subvencións municipais “obedece a criterios de interese xeral baseados na baremación exclusivamente técnica das características de cada asociación e cada actividade segundo o prego de bases” e amosouse convencida de que estas aportacións, que chegan á práctica totalidade dos colectivos solicitantes, “favorecerán o dinamismo social e cultural do noso municipio”.

Deja un comentario