+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

MÍGUEZ DESTACA O CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA, META DA MEDIA MARATÓN DE PONTEVEDRA, COMO “UNHA INSTALACIÓN DE REFERENCIA ABERTA Á CIDADE, Á PROVINCIA E A TODA GALICIA”


Anima a toda a toda a sociedade pontevedresa a “participar e a ter en conta que o éxito radica en que cada un se marque a súa propia meta, o seu propio obxectivo”

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou  na presentación da Media Maratón de Pontevedra que terá lugar o vindeiro 21 de outubro e que finalizará nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, “unha instalación de referencia aberta á cidade de Pontevedra, á provincia en xeral e a toda Galicia”.

Deste xeito, a titular da carteira de Deporte da Xunta de Galicia apuntou que “ademais da formación deportiva e académica dos deportistas alí becados, fórmanse diariamente diferentes clubs e todos os atletas que con licencia federativa en vigor poden usar esas instalacións”. “O CGTG é unha instalación aberta a todos, unha instalación de referencia en Pontevedra que utilizan 2300 persoas cada ano”, recalcou.

Nas súas verbas, a secretaria xeral animou a toda a toda a sociedade pontevedresa a “participar e a ter en conta que o éxito radica en que cada un se marque a súa propia meta, o seu propio obxectivo”. “A nosa vontade é seguir apoiando este e outros eventos para contribuír a unha sociedade deportista e saudable”, engadiu.

Deja un comentario