+034 986 09 02 04 Martes 19 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE ARBO, ACABA DE ADXUDICAR A AMPLIACIÓN DO VIAL DENDE RIAL DO PAZO ATA AS LAXAS


As obras de ampliación de vial dende o Rial do Pazo As Laxas consisten na ampliación, mellora do trazado e do drenaxe da vía, a realización de cunetas formigonados , capa de firme e pintado do eixe da estrada. O importe da obra ascende a financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pertencente a Consellería de Medio Rural.

Estas obras están dentro do plan de melloras e acondicionamentos que o Concello de Arbo, leva realizando nos últimos anos dende a súa chegada o goberno, afirma o Alcalde Horacio Gil. O Rexedor tamén informa neste momentos estase executando obras en Doños e Ladeira na parroquia de Mourentan, e que en breve comezaran as de “ampliación e acondicionamento de Vial en Eidos de Arriba, parroquia de Sela”, enmarcadas dentro do Plan de Infraestruturas Rurais 2018, dacordo o convenio asinado co Director Xeral de Desenvolvemento Rural sendo o importe do convenio 48.399,02 € e que son adxudicadas e financiadas pola Consellería. Tamén se estan licitando as obras de Melloras no Vial de o Couto e Melloras no vial de Almuiña.

Deja un comentario