+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

BAIONA ATRAERÁ TURISTAS TODO O ANO CON PAQUETES DE EXPERIENCIAS MANIERAS IMPULSADOS DESDE A ASOCIACIÓN VILAS MARIÑEIRAS


Todos aqueles interesados poderán obter información e apuntarse ao proxecto en gerencia@villasmarineras.es, o prazo estará aberto ata o 25 de outubro

Atraer a numerosos turistas tamén en tempada baixa. É o obxectivo que persegue Baiona xunto co resto de localidades que compoñen a asociación Vilas Mariñeiras desde a súa creación. O último proxecto deseñado pola entidade pretende alcanzar a ansiada desestacionalización mediante o impulso de paquetes de experiencias.
Unha vintena de establecementos sumáronse xa á iniciativa da Asociación Vilas Mariñeiras para impulsar en Baiona, un produto turístico vinculado ás experiencias mariñeiras. O eixo principal deste proxecto son as vivencias que o turista poderá gozar vinculadas á cultura do mar, e estanse mantendo reunións con entidades directamente vinculadas ao sector mariñeiro como a Confraría de Pescadores “A Anunciada” de Baiona ou representantes do Grupo de Acción Costeria, GAC 7: Ría de Vigo- A Guarda, entre outros.
O presidente da Asociación e Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, informou que: “Puxéronse encima da mesa experiencias singulares que poden potenciarse e cuxos impulsores recibirán nestes meses unha asistencia directa de consultoría por parte do equipo de xerencia de Vilas Mariñeiras. Mariñeiro en terra, para poder gozar de como é a preparación do barco para saír a pescar, as redes, as nasas, as diferentes artes de pesca, as historias dos mariñeiros contadas desde a experiencia de toda unha vida no mar. Mariscadoras, para ver a pé como se recollen os percebes ou os ourizos, protagonistas absolutos do mar nesta Vila Mariñeira. Ao mercado co chef, para adquirir desde o saber da peixaría, o mellor sabor que cociñará un chef profesional nun restaurante da localidade. Descubrindo o porto deportivo, paseos en barco, rutas guiadas pola Baiona mariñeira salpicada de historia, lendas e naufraxios; ou pedalea polo Camiño de Santiago, son entre outras algunhas das propostas actuais”.
Á parte do sector máis vinculado ao mar, sumáronse ao proxecto o que no manual de Produto Mariñeiro denominouse servizos complementarios: aloxamento, restaurantes, comercios, equipamentos que fan unha chiscadela ao mar incluíndo elementos mariñeiros na súa actividade e que se atopan situados no municipio de Baiona. Incorporáronse tamén empresas de turismo activo, unindo á súa actividade unha orientación á cultura mariñeira. Destacar: en paddel surf a ver as bateas, rema o Camiño en kaiak de mar, entre outras.
“Todos aqueles interesados poderán obter información e apuntarse ao proxecto en gerencia@villasmarineras.es, o prazo estará aberto ata o 25 de outubro. Agora toca dar forma a todas as ideas e propostas para que sexan unha realidade nuns meses. Sen dúbida visitar Baiona será proximamente toda unha experiencia mariñeira”, informou o presidente.

Deja un comentario