+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE ARBO REMATA AS OBRAS NO SENDEIRO DOS PESCADORES


Coas melloras do Sendeiro dos Pescadores o Concello de Arbo ofrece aos turistas e os amantes do sendeirismo unha preciosa ruta cun importante patrimonio artístico e cultural que é pura natureza.
Por resolución da directora de Turismo de Galicia recibíase unha achega pola cantidade de 27.930,88€, para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, anunciada na convocatoria para o ano 2018, publicado no DOG 14 do 19.01.2018.
As actuacións consistiron na instalacións de paneis, infraestruturas de madeira, sinalización do camiño mediante balizas e postes direccionais de madeira, e marcas de pintura e traballos de adecuación do sendeiro como son a roza e creación de nova caixa no camiño.
No Concello de Arbo, informa o Alcalde Horacio Gil, atópanse varios elementos patrimoniais de interese por toda a súa xeografía e na actualidade temos unha boa oferta turística de cara a tempada estival xa que contamos con varias praias fluviais no Miño e no Deva. Así mesmo tamén contamos con varios paneis interpretativos de actuacións pasadas acerca da pesca tradicional da lamprea e outras actividades ligadas aos estilos de vida típicos do lugar.
A habilitación deste sendeiro de ribeira e a súa conexión contribuirá a desestacionalizacion da oferta e reforzara os recursos interpretativos cos que conta o Concello. O rexedor segue informando que nos últimos anos Arbo esta tendo máis afluencia de visitantes, o que supón a recompensa da constante promoción e dás melloras dos recursos “únicos” que este municipio sitúa no suroeste da Provincia de Pontevedra. Para os amantes do sendeirismo, toda a Ribeira do Miño atesoura unha preciosa ruta cun importante patrimonio artístico e cultural que é pura natureza.

Deja un comentario