+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Novembro de 2019

O PP APOIA A RPT E O CONVENIO LABORAL PERO ADVIRTE QUE O EXPEDIENTE ESTÁ CHEO DE ERROS QUE VAN EN PREXUÍZO DOS TRABALLADORES E QUE AS CONDICIÓNS NON TEÑEN NADA QUE VER CO DEMANDADO NO ANO 2011 CANDO GOBERNABA O PP


O alcalde que tivo que facer caso ó PP e retirar o asunto do pleno extraordinario aprobou o expediente no pleno ordinario, pero non se corrixiron todos os erros
O PP votou a favor da nova RPT e o convenio colectivo porque así llo pediron os traballadores do Concello e consideraron que era unha mellora necesaria. “Sempre estivemos a favor dos traballadores, por iso votamos a favor. Mesmo nos momentos máis duros da crise, cando o Estado retiña anualmente máis de catro millóns de euros pagamos sempre as nóminas. A pesar de que esta RPT está chea de erros, apoiámola porque seguimos sendo coherentes. Esta RPT está chea de altos cargos e non contempla mandos intermedios nin inferiores, se todos organizan e mandan non sabemos quen vai traballar. Elimínanse prazas de policía xa existentes, de oficial de cociña, achéganse outras prazas que o propio Represas ordenou eliminar en 2015…en definitiva un documento feito a medida do alcalde. Ademais inclúese un gabinete de comunicación, cando o BNG sempre criticou este tipo de perfil, cando outros partidos falaban desta necesidade. Por outra banda, os informes técnicos non se corresponden coas cantidades económicas acordadas para o Convenio Colectivo. Aínda con todo isto, votamos a favor porque

 

cremos que é unha pequena mellora, pero non o que se esixía cando gobernaba o PP. De pedir en 2011, en plena crise, unha subida anual que supoñía un millón setenta e sete mil euros agora acaban de aceptar e aprobar unha suba de catrocentos mil euros en tres anos”, advirten os populares”.
O PP lamenta que Represas e o seu tripartito tardasen tanto en recoñecer a valía dos traballadores do Concello aos cales durante moitos anos estiveron a perseguilos con todo tipo de descualificacións públicas. “Desde enchufados a dicir que había que botalos. Que a plantilla de persoal estaba sobredimensionada. No 2013 solicitaron o despido de máis de 50 traballadores, que esa era a solución para recuperar a economía do Concello. Todas esas manifestacións están na hemeroteca e na memoria de empregados e familias que sentironse acosados verbalmente por vostedes”.
O PP lémbralle a Represas que eles tamén redactaron unha RPT pero ao estar en minoría non conseguiron sacala adiante. “Está ben que lembre que nós fixemos un documento, unha pena que vostede non o aceptase no seu momento e non o aproveitara porque así non tería que gastarse 50.000 euros en redactar unha nova proposta feita á súa medida”.

Ademais o PP lembroulle tamén no pleno ordinario que os traballadores saben que Represas nunca apoiou aos traballadores e proba diso é a súa radical oposición ao proceso de consolidación levado a cabo para regularizar aos traballadores laborais (máis do 80% do persoal). “Conseguimos sacalo adiante a pesar de que o BNG alentou para que se denunciase este proceso, mesmo nos xulgados. En 2015, cando eles chegaron ao Goberno decidiron paralizalo. Con esta paralización a metade do persoal quedou consolidada e a outra metade non. En materia de persoal é mellor que garden silencio”.

Deja un comentario