+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O PROGRAMA DA DEPUTACIÓN “DEPO EN MARCHA 2018” INICIA DENDE HOXE DEZ NOVOS OBRADOIROS EN OITO CONCELLOS DA PROVINCIA


Máis de 160 persoas maiores participarán en distintos talleres nos municipios da Estrada, Ponteareas, Caldas de Reis, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Meaño, O Porriño e Moaña

Un total de 163 persoas comezarán dende hoxe na provincia dez novos obradoiros enmarcados no programa “Depo en Marcha 2018”. Os talleres iniciaranse nos municipios da Estrada, Ponteareas, Caldas de Reis, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Meaño, O Porriño e Moaña. “Depo en Marcha” é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra encamiñada a favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través de obradoiros e actividades formativas que lles permitan mellorar a súa calidade de vida e evitar o illamento e a soidade.

Máis polo miúdo, na Estrada comeza hoxe mesmo un obradoiro de Elaboración de Xabóns, que será todos os xoves de 10:00 a 13:00 horas, ata o 27 de decembro, no que van participar 10 persoas da Asociación para o Crecemento e Orientación Familiar – Acrofam.

En Ponteareas, comeza mañá un obradoiro de Plantas Medicinais na Asociación San Salvador, no que van a participar 10 persoas todos os luns, de 20:15 a 21:15 horas, e venres, de 19:30 a 21:00 horas, ata o 3 de decembro. Tamén, xa a partir da vindeira semana, en Ponteareas, 15 persoas da Asociación Veciñal san Jorge de Ribadetea van iniciar o próximo sábado 27 un obradoiro de Baile de Salón, que terá lugar os sábados, de 20 a 22 h, ata o 29 de decembro. E, ademais, outras 15 persoas de ADAPTA van participar dende o mércores 31 de outubro, todos os luns e mércores de 17 a 19 h, nun obradoiro de Internet, Correo Electrónico e Móbil.

Por outra banda, en Caldas de Reis, comeza este sábado un taller de Cesteria no Fogar do Maior do Concello, ao que van a asistir 22 persoas todos os sábados, de 10 a 13 h, ata o 22 de decembro.

A partir da semana que vén, en Vigo, 21 persoas da Asociación Veciñal La Salgueira Rosalía de Castro van comezar o luns 22 un obradoiro de Cociña Galega, que terá lugar todos os luns e venres, de 17 a 19 h, ata o 10 de decembro.

En Vilagarcía de Arousa, tamén o luns, comeza un taller de Risoterapia, que será todos os luns, de 17:30 a 19:30 horas, ata o 31 de decembro, no que van a participar 25 persoas da Fundación Lar Pro Salud Mental (Mini Residencia Lar).

Pola súa banda, en Meaño, 15 persoas da Asociación de Pens. e Minus. de Dena iniciarán o vindeiro martes un obradoiro de risoterapia, que se vai celebrar todos os martes e xoves, de 17:00 a 18:15 horas, ata o 27 de decembro.

No caso do Porriño, comezará o mércores 24 unha actividade de Baile de Salón na Asociación de Amas de Casa Rosais, na que van a participar 15 persoas todos os mércores, de 17:00 a 18:30 h, ata o 26 de decembro.

Xa por último, en Moaña, vaise iniciar tamén o mércores un obradoiro de Baile de Salón, ao que van a asistir 15 persoas da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do Morrazo – Afamo todos os luns e mércores, de 17:30 a 19:30 horas, ata o 12 de decembro.

Deja un comentario