+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

A PREVENCIÓN SALVA VIDAS


Baixo o lema “A prevención Salva Vidas” o Concello de Salvaterra de Miño, neste día mundial contra o cancro de mama, quere concienciar a súa poboación da gran importancia que ten a prevención neste tipo de enfermidades

O Cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres occidentais, e segundo os datos da AECC en España diagnostícanse arredor de 25.000 novos cancros de mama ao ano, podendo dicir que 1 de cada 8 mulleres terán cancro de mama ao longo da súa vida. O Cancro de mama é unha enfermidade grave, pero tamén fan fincapé en que se pode curar se se detecta a tempo, polo cal cremos que é moi importante concienciar a poboación da gran importancia da prevención, xa que a supervivencia a este cancro mellorou notablemente nos últimos anos. A autoexploración, as mamografías periódicas e os avances dos tratamentos permiten taxas de curación do 90%.

Polo que é moi importante a concienciación na prevención, xa que a detección precoz é a mellor arma contra o cancro de mama, co cal recorda:

 

Acude ao teu xinecólogo para revisións periódicas
Se tes antecedentes familiares de cancro de mama consulta ao especialista
Fai mamografías periódicamente a partires dos 50 anos
Realiza exercicio físico regular
Leva unha dieta equilibrada
Evita hábitos nocivos como o tabaco e o alcohol
Fai autoexploracións

Se é importante a prevención tamén é importante o despois.

O Concello de Salvaterra de Miño recorda tamén a importancia de superar e volverse a ver nun espello, e nesa liña tamén traballa. O noso foi un dos primeiros Concellos en asinar un convenio coa Asociación de Micropigmentación estética, paramédica e oncolóxica e crear a campaña “Unha pincelada que da vida” que se creou cunha doble finalidade, por un lado dar a coñecer e difundir un tratamento, descoñecido por moitos, e por outro a financiación de tratamentos de micropigmentación oncolóxica en pacientes de escasos recursos no noso municipio, que está destinada as pacientes que sufriron cancro de mama, no paso da reconstrucción da areola ou a cor da mesma, coa recreación de areolas idénticas.

Este ano o Concello de Salvaterra ademáis uniuse a unha campaña organizada pola Asociación Candro de Mama Pilar Domingo baixo lema Salvaterra Ponte Rosa, que busca visibilizar esta enfermidade e sobre todo destacar a gran importancia dunha detección precoz da mesma, neste caso tanto a través dos centros escolares, onde o alumnado levará algunha prenda rosa o vindeiro venres 19 de outubro, así como dende o propio Concello que fará o mesmo, ademáis do reparto de chapas en espacios públicos

Deja un comentario