+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

XI XANTAR DOS MAIORES DE MEIS


O concello de Meis celebrou no día de hoxe o XI Xantar dos Maiores de Meis no lugar de Armenteira  ó que asistiron aproximadamente 250 comensais maiores de 60 anos.

A xornada festiva comezou cunha misa solemne no Mosteiro de Armenteira. E logo o acto trasladouse a a explanada o lado da casa dos peregrinos onde estaba unha carpa preparada para recibir a todos os asistentes que gozaron dun xantar en cofraternidade entre todos os veciños e veciñas.

Toda a comida estivo amenizada  polo trío Arena e o remate entregáronse dous premios ao home e muller de maior idade: Ángel Outeda Souto de 91 anos e Ángela Martínez Torres tamén de 91 anos.

O acto asistiron o alcalde José Luis Pérez acompañado da sua dona, a concelleira Ofelia Barral, e os concelleiros Luis Miguel e Jairo Paz. Antes do comezo da comida o alcalde quixo enxalzar a boa situación económica que atravesa o concello e que grazas a iso “Puidemos celebrar de novo este acto que levaba varios anos suspendido debido a crise” José Luis Pérez, tamén recoñece que “Esta xuntanza é merecida e necesaria para os maiores do concello, síntome moi orgulloso de recuperala e espero volver a repetir como alcalde para continuar promocionándoa desde o concello este merecido recoñecemento os nosos maiores.

Deja un comentario