+034 986 09 02 04 Sábado 19 de Setembro de 2020

O GOBERNO LOCAL DO PORRIÑO ACHEGARÁ 50.000€ PARA QUE A IGREXA DE SAN CAMPIO, QUE FORA ARRASADA POLO LUME NO MES DE XULLO, ESTEA RECONSTRUÍDA ANTES DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO SEU PATRÓN EN 2019


A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, mantiveron unha xuntanza con representantes da Comisión de Festas de San Campio, da parroquia de Pontellas, para tratar a rehabilitación e recuperación da igrexa que resultara moi gravemente danada por un incendio o pasado mes de xullo, precisamente coincidindo coa celebración da súa festa patronal.
Hai que lembrar que o lume arrasara completamente o interior do templo, queimando os bancos, as tallas dos santos-incluindo a do patrón-, e o tellado, quedando en pe so a estrutura da basílica, logo de que os bombeiros, para evitar maiores riscos, tivesen que retirar as vigas do teito.
García de la Torre e Carrera comprometéronse a que o orzamento municipal para 2019 conteña unha partida duns 50.000€, “a máis importante das destinadas a ao arranxo da igrexa” para que as obras estean rematadas antes da celebración da Festa de San Campio.
A alcaldesa salientou a importancia, “a marxe do respecto á liberdade relixiosa e a manifestación da mesma” que ten para o patrimonio cultural e histórico do Porriño, e para as porriñesas e porriñeses que a igrexa de San Campio, construída no século XIX.
O mesmo día do incendio, Eva García de la Torre, quen acudirá ao lugar para coñecer os danos de primeira man, comprometérase, públicamente, coas veciñas e veciños a que contarían co Concello e con toda a Corporación para a reconstrución da capela.

Deja un comentario