+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DESTINA ÁS NEVES DÚAS NOVAS ACHEGAS DO PLAN CONCELLOS POR PRETO DE 40.000€


 

Con estes novos investimentos, o goberno de Carmela Silva financiará a humanización de espazos na vila e a compra de mobiliario e equipamento para a casa do concello

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante sendas resolucións presidenciais, dúas novas achegas no concello das Neves ao abeiro do Plan Concellos. Trátase esta vez dunha axuda de 30.498,87 euros para a urbanización, humanización e mellora do acceso de vehículos e espazos da vila e doutra de 8.863,56 euros para a adquisición de mobiliario e equipamento casa do concello.

Ademais desta cantidade, o goberno provincial ao través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 394.536,48 euros na liña 1 destinados a financiar as obras de mellora en Cruceiro, na subida á igrexa e en Pios; obras de paso en Pereiro, Covelo, Santa Eulalia de Batalláns e San Xosé de Riberteme, e a ampliación do Centro Cultural de Rubiós.

Amais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 42.638,98 € no que corresponde á liña 2 e tamén outros 122.318,53 € que foron destinados á financiación da contratación de 14 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan de Concellos 2018.

A Deputación destina este ano ás Neves, ao través do Plan Concellos, un total de 926.900,17 euros, un 74,36% máis que en 2017.

Deja un comentario