+034 986 09 02 04 Martes 22 de Setembro de 2020

Xornada formativa «Queixos Galegos con Denominación de Orixe Protegida (D.O.P) » impartida no Obradoiro de Emprego «TERRAS DO MIÑOR III»


O obxectivo desta xornada formativa é dar a coñecer os alumnos-traballadores, de mans de expertos profesionais das distintas Denominacións, os distintos Queixos Galegos

O Obradoiro de Emprego «TERRAS DO MIÑOR III» acolleu a celebración da xornada formativa «Queixos Galegos con Denominación de Orixe Protegida (D.O.P) «.

A xornada foi impartida por Marisé Mosteiro en representación do Consello Regulador da D.O.P «Queixo Tetilla» e Oscar Pérez Ramiro en representación do Consello Regulador da D.O.P Arzúa Ulloa e San Simón de la Costa. E debido ás inclemencias metereolóxicas, Teresa Prado en representación da D.O.P Cebreiro, non puido asistir.

O obxectivo desta xornada formativa é dar a coñecer os alumnos-traballadores, de mans de expertos profesionais das distintas Denominacións, os distintos Queixos Galegos.

Falouse dos procesos de fabricación e características que fan especiais aos distintos queixos Galegos. Tamén os alumnos, tanto da especialidade de Operacións Básicas de Cociña como a de Servizos de Restauración, tiveron a ocasión de participar nunha cata guiada de cada un dos distintos queixos o que contribúe en boa medida a ampliar a súa formación sobre os produtos Galegos. Na devandita cata degustáronse os Queixos Tetiña, San Simón de la Costa, Arzúa Ulloa e Arzúa Ulloa Curado.

«Xornada de portas abertas»

Xornada de portas abertas na residencia de Tempo Libre en Parrulos, en relación ao Obradoiro de Emprego «TERRAS DOMINGOMIÑOR III».
O día 12/02/2015 ás 12:00h será a presentación á prensa das xornada de portas abertas.
A xornada de portas abertas será o día 10/03/2015 de 10:00h a 12:00h na que diferentes empresas do sector da hostalaría mostrarán os seus produtos.

Deja un comentario