+034 986 09 02 04 Venres 30 de Outubro de 2020

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DESTINA A O ROSAL UNHA NOVA ACHEGA DO PLAN CONCELLOS DE MÁIS DE 20.000 EUROS


Con esta axuda do goberno de Carmela Silva, O Rosal promoverá un punto de recarga de vehículos eléctricos na área de descanso e aparcamento dos “Muíños do Folón”

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento destinado ao concello do Rosal ao abeiro do Plan Concellos. Trátase esta vez dunha axuda de 20.002,38 euros para dar servizo eléctrico a un punto de recarga de vehículos na área de descanso e aparcamento “Muiños do Folón”, dende o punto de entronque asignado pola compañía distribuidora.

Ademais desta achega, o goberno provincial ao través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 363.873,57 euros na liña 1 destinados a financiar a mellora e reparación do auditorio municipal, a mellora peonil na EP3302, adquisición de material para a Feira do Viño do Rosal, subministro de bomba centrífuga para rego do campo de fútbol, novos espazos recreativos no parque de Pias, melloras no sendeiro peonil de Pescadores, adquisición de mobiliario para edificios municipais, equipamento informático biblioteca municipal e equipamento para a recollida selectiva de lixo.

No que corresponde á liña 2, a Deputación de Pontevedra adxudicou 53.377,33 € a O Rosal para financiar a Feira do Viño, a Mostra da Camelia, o campamento de verán, a Festa Popular do Pilar, Festa do Cabaqueiro, campamento de inglés, Festa do Mirabel e un gasto corrente novo. E tamén, outros 127.360,83 € foron destinados á financiación da contratación de 15 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan de Concellos 2018.

A Deputación destina este ano a O Rosal, ao través do Plan Concellos, un total de 969.267,6 euros, un 74,22% máis que o ano pasado.

 

Deja un comentario