+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

II SIMPOSIO INTERNACIONAL LGTBI GALICIA


  • Unha cita na que o que se pretende é NATURALIZAR unha realidade que xa de por sí é natural, por moito que exista quen queira desacreditar esta afirmación.

A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal presentou no día de hoxe o II Simposio Internacional LGTBI GALICIA, na continua defensa da alcaldesa pola igualdade celébrase en Cambados por segundo ano consecutivo e Fátima Abal ve unha gran oportunidade para xa dunha vez enterrar vellos estigmas, reivindicar dereitos e visibilizar as dificultades coas que se atopa ou colectivo LGTBI.

Ela cre firmemente que a loita polos dereitos LGTBI é unha loita polos dereitos humáns, a tolerancia  e a convivencia pacífica, por eso dende o Concello como goberno local, detectamos a necesidade de poñer o noso graniño de área contribuíndo  a erradicar a discriminación e os abusos, e reclamando a igualdade de dereitos das persoas sin importar o seu sexo, nacionalidade, raza, orientación sexual ou identidade de xénero.

Unha das relatoras é Cristina palacios (presidenta ‘ARELAS’ Asociación de familias de menores Trans*), que nos sorprendeu na súa charla e esperamos que esta cita sirva para concienciar na promoción da igualdade de colectivos minoritarios como é o colectivo LGTBI, apoiando a reflexión sobre a diversidade sexual das persoas, unha realidade coa que nos encontraremos ó longo da nosa vida nós, e os nosos fillos e fillas.

A alcaldesa conclúe dicindo “En España, afortunadamente para o colectivo das persoas homosexuais está legalizado o matrimonio dende o ano 2005, pero non podemos olvidar que fai menos de 50 anos coa Lei de Peligrosidade e Rehabilitación Social, cando moitos de vos érades pequenos, aínda tiñan que soportar penas de ata 5 anos en cárceres ou manicomios co fin de que se rehabilitaran. DIFÍCIL, NON? E fai moi pouco que a Transexualidade foi eliminada da lista de Enfermidades Mentais pola Organización Mundial da Saúde, Pídovos  unha educación nas vosas familias e nas vosas casas tolerante e inclusiva, libre de prexuízos e  fomentando o respeto ós demáis.

Deja un comentario