+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

BAIONA VOLVE SUPERAR A SÚA MARCA TURÍSTICA E COLÓCASE POR ENCIMA DAS 65.000 VISITAS Á OFICINA DE TURISMO MUNICIPAL


 

Máis de 65.000 persoas solicitaron información na oficina de turismo de Baiona este verán, entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Así o reflicten os datos proporcionados pola Concellería de Turismo do Concello de Baiona.

O 78% destes turistas son de procedencia nacional. Ata terras baionesas veñen visitantes de todas as comunidades e cidades autónomas españolas, pero son os madrileños os que máis se decantan por pasar os días de descanso na nosa vila. A tamén cidadáns do País Vasco, Castela e León, estes séguenlle galegos vindos desde outros puntos da nosa comunidade. Moi de preto sitúanse as habitantes de Andalucía, Cataluña e Comunidade Valenciana. Estas dúas últimas comunidades continúan en aumento ano tras ano.

Os visitantes internacionais procedían de 68 países diferentes, pero, sobre todo, de Portugal,
Reino Unido, Francia, Estados Unidos, Alemaña, Arxentina e Irlanda.

Con respecto ao número de persoas diarias que solicitaron información na oficina turismo, foron o 12 de agosto e o 26 de setembro, onde se recibiron 15 grupos de excursionistas que chegaron a Baiona en autobús. Trátase dun dato relevante xa que cada vez é maior o número de autobuses que trae á xente ata a Real Vila para gozar de todos os encantos que ofrece. Moitos destes autocares traen a cruceiristas que ha desembargo en Vigo, outros moitos son excursionistas procedentes doutros puntos do país.

“A nosa constante aposta pola calidade fai que non só cheguen novos visitantes a Baiona senón que aqueles que xa nos coñecen volvan elixir como destino vacacional”, destacou o Alcalde, Ángel Rodal.

Estas cifras son unha parte dos que nos visitan, xa que moitos outros tantos veraneantes xa coñecen a vila doutros anos e non adoitan pasar pola oficina de turismo do municipio xa que coñecen de primeira man o lugar.

En canto ao Camiño Portugués pola Costa, e a pesar de que as instalacións municipais de información non están situadas no paso da ruta xacobea pola Vila, desde que o Camiño Portugués da Costa conseguira esta distinción, o número de peregrinos que o percorreron multiplicouse por cinco. É xa unha estampa habitual atopase en Baiona con peregrinos no Centro histórico e naquelas parroquias polas que trascurre o Camiño Portugués da Costa. Esta ruta xacobea está de moda e así o testemuñan os datos proporcionados pola oficina de turismo de Baiona. No que vai de ano os camiñantes que pasaron pola oficina supera xa considerablemente, a falta de tres meses de pechar o ano, ao número dos que pasaron en 2017 que foron 2.160. Outro dato significativo é que neste mes de xullo de 2018 pasaron por alí máis do dobre, 434, de peregrinos que o fixeron no mesmo período de 2017, 220. Resulta significativo que dos meses cálido o que máis reciba peregrinos é o mes de setembro, 826, seguido de agosto, 581, logo está xuño con 511 e xullo con 434. Os mesmos datos indican que a porcentaxe de estranxeiros é do 73%. Durante estes 4 meses recibíronse camiñantes de 51 países diferentes entre os que destaca Portugal, Alemaña, Italia, Irlanda e Estados Unidos. O 27% son nacionais e nacionais, destacan os procedentes de Madrid, Andalucía, Cataluña, Galicia e Canarias.

Un dato moi importante é que aumentou exponencialmente a cifra de peregrinos que pernoita na Vila debido á recente inauguración dos dous albergues de peregrinos.

“Estes datos vén confirmar que o Camiño Portugués da Costa está a xogar un papel crave en desestacionalizar o turismo en Baiona. O obxectivo é lograr que a Vila teña visitantes, non só durante a época estival, senón o resto do ano. Os esforzos realizados durante os últimos anos polo Concello de Baiona para promocionar e mellorar o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio tiveron un efecto dinamizador directo sobre o número de peregrinos que cruzaron Baiona nos últimos anos e desde o departamento de turismo seguiremos traballando para que ano tras ano sexan máis os camiñantes que elixen a ruta xacobea que trascurre polo noso municipio”, destacou o rexedor.

A ocupación hostaleira situou ao mes de agosto como o de maior ocupación cun 95%, séguelle xullo cun 80%, setembro cun 62% e xuño cun 55%. Importante destacar o dato de setembro, un mes no que cada vez máis persoas reservan as súas vacacións, conseguindo deste xeito que se prolongue a tempada.

Deja un comentario