+034 986 09 02 04 Mércores 28 de Outubro de 2020

O ALCALDE DE BAIONA RECIBE A UNHA DELEGACIÓN CANARIA INTERESADA POLO MODELO TURÍSTICO DA VILA


 

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, recibiu no consistorio ao rexedor de Valverde (O Hierro), Daniel Morais Barreira, e á concelleira, Oihana Reyes Gónzales. Ambos se atopan cun grupo de corenta persoas de visita en Baiona para coñecer o seu modelo turístico. Interesáronse polo rendemento dos recursos turísticos, dos monumentos, das festas e tradicións…porque están interesados en tomar exemplo do patrón baionés.

Valverde é a capital da singular illa O Hierro. Esta localidade con pouco máis de 4.800 habitantes, é moi tranquila e acolledora. Está situado sobre unha montaña, a uns 600 metros de altitude, e ten como estraño, que é a única das capitais de Canarias que non ten costa.

Os visitantes canarios que se atopan estes días na Real Vila quedáronse fascinados coa beleza da vila e do seu mar, que estes días está en toda a súa plenitude debido á forte ondada. A península de Monte Boi, a fortaleza de Monte Real pero fundamentalmente o seu Conxunto Histórico han chamado a atención dos visitantes.

Como recordo da súa estancia na Vila o Alcalde de Baiona fíxolles entrega do libro:” O Reflexo do Tempo. O conxunto histórico de Baiona”, de Begoña Fernández Rodríguez.

Deja un comentario