+034 986 09 02 04 Domingo 16 de Decembro de 2018

O PP ADVIRTE QUE REPRESAS PREFIRE ENDEBEDAR O CONCELLO A PESAR DE TER FONDOS PROPIOS SUFICIENTES


O PP explica que os máis de 1,13 millons de euros solicitados e prestados pola Xunta de Galicia podíanse dispoñer das arcas municipais
O PP non entende porqué agora que a situación do Concello de Ponteareas é mellor pídense préstamos ás administracións e aos bancos.
“Represas prefire hipotecar o futuro das próximas corporacións en vez de acudir a fondos propios. Lembrarlle que no seu mandato aumentou a recadación de impostos, tamén dispón de fondos do programa EDUSI por 5 millóns de euros, máis de 4 millóns de euros concedidos pola Deputación e xa rematou a retención que o Estado facía para pagar débedas. Parece que con todo iso Represas prefire non pagar e hipotecar a corporacións futuras para cumprir os seus caprichos. Agora empezou a anunciar que vai facer moitas cousas, pero o certo é que en tres anos e medio non fixo nada”.

O PP lamenta esta falta de coñecemento en materia de política económica e que se executen acordos que o propio alcalde non vai poder cumprir.
“Os préstamos solicitados á Xunta, e que foron concedidos, son préstamos por un importe superior aos 1,13 millons de euros que, ademáis de ter que devolvelos nos próximos oito anos, teñen outro condicionante: as obras deben realizarse nun prazo non superior a catro anos. E por exemplo, a compra por máis de 300.000 euros dos dous inmobles que Represas anunciou, un para centro cultural na parroquia de Pías e outro na praza maior pertenente á Seguridade Social, son inmobles que necesitan unha profunda reforma que ronda un millón de euros para adaptalos ao servizo que supostamente se vai a ofertar neles. Preguntámonos como se van a executar esas reformas e as restantes, xa que nos recentes orzamentos aprobados non hai partida para iso. Non hai cartos consignados para a reforma destos inmobles, é todo un paripé do alcalde”.

Deja un comentario