+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

MELLORA DOS ACCESOS NA REIGOSA


A pavimentación dun camiño evita as manobras aos veciños da parte baixa do lugar

Os veciños residentes na parte baixa da Reigosa xa non terán que manobrar cos vehículos para poder acceder as súas vivendas. O Concello pavimentou un camiño de terra que proporciona un acceso directo e evita un complicado cruce, cun xiro moi pechado.
A obra, demandada dende hai moitos anos, executouse nestes días, e foi visitada polo alcalde, Andrés Díaz, e o concelleiro José Manuel Martínez, en representación do Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG).
A actuación abrangue algo máis de 100 metros dende o campo da Reigosa ata as vivendas situadas nesta zona. O novo pavimento foi resolto cunha capa de formigón e inclúe unha grella para a recollida das augas pluviais diante da pendente do terreo.
O Goberno local destaca a mellora continua de camiños na Reigosa acometida neste mandato, pois ademais de resolver varios accesos a vivendas en diversas zonas deste pobo tamén se recuperou o camiño tradicional que comunica con Vilarchán.

Deja un comentario