+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

A COMARCA DE VIGO ACOLLE ESTE MES DE NOVEMBRO 21 NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA “SMARTPEME”


O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia

As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollen este mes de novembro un total de 21 accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

As quendas para o mes de novembro na oficina de Vigo comezaron este martes con “Mellora a túa presenza online promocionando o teu blog”. A seguinte acción será “Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing”, o xoves 8. O curso “Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics” chegará a Vigo o martes 13 ás 18:00 horas. O xoves desa mesa semana, ás 19:00 horas, impartirase “Como utilizar Instagram para promover a túa empresa”. O martes 20 de novembro, ás 17 horas, será a quenda de “Facebook para promocionar o teu negocio turístico”. O xoves 22, ás 19 horas, celebrarase a acción “Crea as túas fotografías para a campaña de Nadal”. E, para rematar, “Vende os teus produtos en Facebook e Instagram” terá lugar o martes 27 de novembro, tamén ás 19 horas. A oficina “SmartPeme” de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3

A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: “Aprende a usar correctamente Facebook para empresas”, este martes ás 19:00 horas. O xoves 8 de novembro, ás 19 horas, terá lugar será “Vende os teus produtos en Facebook e Instagram”. O martes da seguinte semana, ás 17 horas, esta vez na sede da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), impartirase “Linkedin: a túa rede de networking”. A seguinte será “Mellora a túa páxina web e posicionala en buscadores”, o martes 20 ás 18 horas. A quenda de “Plan de marketing en liña para empresas turísticas” será o xoves 22 de novembro, ás 17 horas. Por outra banda, o martes 27 ás 19 horas, terá lugar o obradoiro “Crea as túas fotografías para a campaña de Nadal”. E, xa por último, o xoves 29 ás 19:00 horas, “Consideracións á hora de crear o teu modelo de negocio” será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina “SmartPeme” de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.

Por último, a oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: “Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing”. “Plan de marketing en liña para empresas turísticas” chegará o xoves, 8 de novembro, ás 17 horas. O martes 13, ás 18 horas, impartirase “Crea e explota un CRM para a túa empresa desde cero”. A acción “Crea as túas fotografías para a campaña de Nadal” terá lugar o xoves desa mesma semana, ás 19:00 horas. O martes 20 de novembro, á mesma hora, será a quenda de “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest”. O martes 27, tamén ás 19:00 horas, impartirase o curso “Escolle o hosting máis adecuado para as túas necesidades”. E, por último, o xoves 29 de novembro á mesma hora terá lugar “Aprende a usar correctamente Facebook para empresas”. A oficina “SmartPeme” do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.

“SmartPeme” desenvolve este ano novas carteiras de servizos co obxectivo de continuar axudando ás empresas da provincia a ser máis competitivas na contorna económica actual. O programa abre tres novas grandes liñas: o “Centro Provincial de Economía Dixital” (CPED), no viveiro de empresas de Barro, “SmartPeme Impulsa” e “TurisTIC”, o punto de apoio do sector turístico. Este servizo, enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, pretende potenciar o sector a través de axudas ás empresas para adaptarse á contorna dixital, cun enfoque específico para cada colectivo. Adicionalmente, esta liña conta con algunhas iniciativas innovadoras como son a creación dunha aceleradora para empresas TIC relacionadas co sector turístico e a creación dun congreso sobre o impacto das novas tecnoloxías no sector.

Deja un comentario