+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018

VISITAS GUIADAS NOCTURNAS AOS PETRÓGLIFOS DE TOURÓN


A Área Arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas, acolle esta fin de semana unha actividade formativa sobre o seu conxunto de petróglifos, que inclúe obradoiros e unha visita guiada, en horario nocturno a partir das 18 horas deste sábado e domingo.
Para acceder ás visitas hai que participar previamente nalgunha das charlas-obradoiro, que se celebrarán na Casa do Pobo de Tourón (no adro da igrexa) en horarios de 11, 13 e 16 horas tanto o sábado como o domingo.
A actividade está organizada pola mancomunidade Terras de Pontevedra en colaboración co Concello de Ponte Caldelas. As persoas interesadas deben chamar ao teléfono 886 151 195 ou enviar un correo ao enderezo outonorupestre@gmail.com

Deja un comentario