+034 986 09 02 04 Sábado 17 de Novembro de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

PAZOS DE BORBÉN PECHA O “PLAN CONCELLOS 2018” DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CON DÚAS ÚLTIMAS ACHEGAS POR PRETO DE 75.000 EUROS


O goberno provincial de Carmela Silva destinou este ano ao municipio case 700.000 euros, un 73,6% máis que no ano 2017

A deputada provincial Digna Rivas informou da aprobación, mediante dúas resolucións presidenciais, das últimas achegas do Plan Concellos 2018 para o municipio de Pazos de Borbén por un valor total de 74.895,14 euros. Trátase esta vez dunha axuda de 26.000 euros para poder levar a cabo os estudos previos pertinentes para redactar o proxecto de mellora no sistema de saneamento da vila, e outra de 48.895,14 euros para reparar o camiño municipal do Circo–Mosteiro–Borbén. Con estes dous últimos investimentos, Pazos de Borbén completa o Plan Concellos deste ano que supuxo unha financiación do goberno de Carmela Silva para o municipio dun total de 685.564,73 euros, un 73,64% máis que en 2017.

Na Liña 1 de investimentos, a Deputación destinou 42.733,17 euros para a reparación do camiño municipal de Alvite, entre Areeiro e Nespereira; 27.905,46 euros para a reparación do camiño entre Outeiro e a parroquia de Nespereira; 26.620 euros para a elaboración do inventario de bens municipais; 69.916,34 euros para a reparación do camiño municipal Eido da Col, e 29.034,62 euros para a reparación do camiño municipal do Eirado.

Amais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 38.088,97 no que corresponde á liña 2, e tamén outros 90.456,42 € que foron destinados á financiación da contratación de 16 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de emprego

Deja un comentario