+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Novembro de 2018

ÁNGEL RODAL REESTRUCTURA O GOBERNO MUNICIPAL


Cando apenas pasaron 72 horas do cambio na corporación, o alcalde Ángel Rodal reestruturou o Grupo de Goberno que quedou da seguinte maneira; Dna. María Iglesias Fernández, 1ª Tenente Alcalde e concelleira de Cultura, Medio Ambiente, Persoal e Réxime Interior agora tamén se ocupará de Mocidade e novas tecnoloxías; Don Policarpo Vilar Misa, concelleiro de Accesibilidade ata o momento complementará esta con a de Educación; Don Raúl Costas Lafuente, concelleira de Pesca, Marisqueo e Actividades Marítimas ostentará a maiores a concellería de Seguridade Cidadá, que ata o día de hoxe estaba a cargo do alcalde Don Ángel Manuel Rodal Almuiña que agora coa nova reestruturación ostenta os cargos de Alcalde e concelleiro de Pobos Hirmans, Turismo, Emprego, Economía e Facenda, e sen ningunha variación nas concellerías de Dna. Mº Carmen Paredes Cabral, concelleira de Benestar Social, Igualdade, Comercio e Mercados, de Dna. María Jesús Martíns Passos, concelleira de Deportes, de Don Daniel García Dacuña, concelleiro de Vías e Obras, e M edio Rural e de Don José Ángel Bahamonde Rodríguez, concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Iluminación Público

 

Con esta reestrutura Ángel Rodal quere enviar unha mensaxe de tranquilidade a todos os veciños e veciñas de Baiona, co compromiso firme de seguir traballando como ata o momento, coa garantía e a certeza de que este é un Grupo de Goberno unido e con moita experiencia tras varios anos dedicándose ao servizo público.

Hoxe mesmo mantiveron a primeira reunión de traballo nas súas novas áreas, na que se expuxeron ideas, e proxectos que se van a realizar neste ano e o que vén. O alcalde Anxo Rodal asegura que esta circunstancia non cambia nada en absoluto, posto que os concelleiros recibiron con ilusión as súas novas tarefas nas que se puxeron a traballar de inmediato.

Deja un comentario